24 de feb. de 2015

PONTEVEDRA

CIENTÍFICOS DE ASTURIAS, CANTABRIA, GALICIA, PAÍS VASCO E COMUNIDADE VALENCIANA COORDINAN EN AREEIRO UN PROXECTO PARA AFRONTAR A LOITA CONTRA O CHANCRO BACTERIANO DO KIWI


·       A enfermedade deste cultivo está a causar graves perdas económicas nos países e zonas produtoras.

·   Os concellos de Oia, O Rosal, Tomiño e A Guarda producen en 500 hectáreas o 65% do consumo do kiwi en España.

·    España consume 80 millóns de kilos de kiwi, produce 12 e o resto é importado.

·   Os científicos constatan a lenta sustitución do kiwi verde nasplantacións polo amarelo.

Infogauda / Pontevedra

 Científicos especializados en Fitopatoloxía procedentes de Asturias, Cantabria, Galicia, País Vasco e Comunidade Valenciana debatiron hoxe na Estación Fitopatolóxica de Areeiro sobre o "Chancro bacteriano do Kiwi" e fixaron acción conxuntas para afrontar unha infirmidade do cultivo que está a ocasionar graves perdas ao sector.

A deputada Begoña Estévez e o director de Areeiro, Pedro Mansilla, lembraron que Galicia - sobre todo en 500 hectáreas dos concellos pontevedreses de Oia, Tomiño, O Rosal e A Guarda - produce o 65% do consumo de kiwi en España "un país que consume 80 millóns de kilos e só produce 12, o resto é importación", afirmaron.

 Mansilla explicou que esta infirmidade, causada pola bacteria "Pseudomonassyringaepv. Actinidiae", detectouse fai 4 anos e dixo que está a causar graves perdas económicas nos cultivos e plantacións das zonas produtoras de Kiwi.

 "A xuntanza de hoxe sírvenos para coordinar un proxecto sobre esa bacteria PSA e sobre a súa incidencia na planta, sobre todo porque estáse a sustituir a producción actual de kiwi verde polo kiwi amarelo, no que inflúemoito a infirmidade", sinalou Mansilla.

Pola súa banda, Begoña Estévez suliñou a importancia da xuntanza científica para coordinar acción pois "o sector tén unha grande importancia na nosa economía ao ter Galicia e, sobre todo, a nosa provincia, unhascondicións óptimas para este tipo de froito".

 A Estación Fitopatolóxica de Areeiroxa está a desenvolver diversas iniciativas de investigación, con proxección europea, para mellorar a calidade do kiwi galego. Estas iniciativas derivan de convenios asinados entre a Deputación de Pontevedra e diversas entidades públicas e privadas de Galicia e España.

 Tanto Galicia como Asturias, O País Vasco e Portugal están ampliando as súas plantacións de kiwi en vista das potencialidades que ofrece o mercado español. Portugal, por exemplo, declarou produto estratéxico este cultivo e recentemente ampliou a súa superficie de producción en 300 Ha., a mesma extensión que foi ampliada recientemente en Valencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario