23 de feb. de 2015

MOVEMENTOS SOCIAIS

MEMBROS DE PLATAFORMAS DE AFECTADOS POR PREFERENTES E SUBORDINADAS DE GALIZA, CONCENTRARANSE EN PONTEVEDRA

 Será este mércores día 25 de febreiro, ás 10:00 h., diante do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra, coincidindo co xuízo de dous preferentistas do Baixo Miño e un da Plataforma de Gondomar

Na imaxe de arquivo, concentración de afectados polas preferentes e subordinadas, diante do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra - Foto: José Luis García Portela


 Membros de Plataformas de afectados por preferentes e subordinadas de Galiza participarán na Concentración que se celebrará este mércores día 25 de febreiro, ás 10:00 h., diante do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra, coincidindo co xuízo de dous preferentistas do Baixo Miño e un da Plataforma de Gondomar, sancionados inxustamente por participar en actos pacíficos de protesta. 

 Así pois  facemos un chamamento á tódolos colectivos, organizacións políticas, movementos sociais, sindicatos, e á sociedade en xeral, a amosar a súa indignación e apoio ante tales feitos aberrantes para que se unan á Concentración convocada  diante do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra. Coincidindo así cos xuízos de Xulio Vicente (veciño do Rosal),  Míriam Rodríguez (veciña de Tui), e José Luis Otero (veciño de Vigo), acusados, sen seren identificados, nin detidos, nin informados, por “causar desordes graves e ser promotores de concentracións irregulares”, dos que cabe destacar a curiosa sanción de Xulio Vicente, que nen tan sequera se atopaba no lugar dos feitos, pois estaba a realizar unha xestión bancaria en Vigo. 

 Estas e outras persoas, tamén de outras Plataformas, foron represaliadas polas distintas administracións públicas gobernadas polo PP, mediante as multas e sancións administrativas que se lle impuxeron inxustamente a preferentistas por participar en actos pacíficos de protesta. 

 O importe total desas multas en Galiza ronda os 20.000,00 euros e esiximos a súa retirada. Para que isto non volte a acontecer, a Plataforma do Baixo Miño fai un chamamento a participar nesta nova movilización en solidariedade cos sancionados por defender os aforros dos galegos, e condenar con eles/as a represión que seguen a sofrir.
(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario