25 de feb. de 2015

O ROSAL

A agrupación do PSdeG-PSOE do Rosal propón a Xulio Estévez Rodríguez como cabeza de lista pro concello

Xulio Estévez Rodríguez


Xulio Estévez Rodríguez, e xubilado de 68 anos, nado no ano 1946, a piques de cumprir 69, con unha longa experiencia en xestión dos asuntos púbricos.

Xulio Estévez Rodríguez preséntase como candidato do PSdeG-PSOE, as eleccions municipais o concello do Rosal, un concello con un padrón de 6.485 veciños e un censo de 5.565 votantes e un CERA de 942 veciños.


Iste exfuncionario, Licenciado en Ciencias Económicas y Empresariales (Universidad Complutense de Madrid, plan 1.953) en excedencia especial en dous corpos da Administración General do Estado, Técnico Superior de Gestión de Organismos Autónomos (A6000) e mais Técnico Superior de Sistemas y Tecnologías de la Información (A1166), comenzou a sua andadura traballando como Analista de Sistemas no Centro de Proceso de Datos do Ministerio das Obras Publicas, tamén foi responsable dos Sistemas de Información do Ministerio de Transportes, Jefe da Área de Informática do Organismo Autónomo Aeroportos Nacionales, Jefe da Área de Informática do Organismo Administración Turística Española (Paradores de Turismo), responsable dos Sistemas de Información do Aeroporto de Madrid-Barajas, Director dos Sistemas de Información dos Centros Logísticos Aeroportuarios S.A. (CLASA), Director do Aeroporto de Vigo, de León e o derradeiro posto antes da xubilación foi Asesor Técnico pra Sistemas de Información do Presidente de Aena.

A agrupación do PSdeG-PSOE do Rosal co seu canditato a cabeza vai propor no seu programa un troco total da política do concello, vai poñer iste concello o servicio dos veciños, non como hasta o de agora. Para isto os próximos presupostos faranos os veciños (presupostos colaborativos), os plenos serán completamente abertos os cidadans e terán voz, e en muitos casos voto.

No noso programa poñeremos o centro do noso facer, nas políticas e mais as inversions no emprego, na sanidade, no ensino, na cultura (incluido a recente peticion da RAG sobre a nosa lingua) e mais na pesca sostible i no agro ecolóxico pra productores e consumidores, recuperación dos matos e concentración pro seu aproveitamento pra creacion da biomasa.

Iste concello con 735 parados, entre os cales atópanse 361 todos eles de mais de 45 anos, e un desemprego xuvenil de 374 persoas e o único que se propón por parte do concello e emprego na Alemaña.

Ten case que 1.600 pensionistas con unha porcentaxe moi alta de dependentes e con unha pensión media de 728,66 €, os cales cobránselle unha parte das menciñas e descóntaselle o IRPF coma se estivesen traballando.

Ante esta emerxencia nos 100 primeiros días de goberno tomaremos medidas urxentes contra o paro, a sanidade e mais as necesidades alimentarias de algunhas familias.

Iste concello non se lembra das competencias propias e a maior parte das augas non son púbricas coma debería ser por competencia, senon que foron feitas e son xestionadas polos os veciños das parroquias. Si se lembran dascompetencias propias, pra faguer as ponencias técnicas pra subida do IBI urbán e rústico do próximo catastrazo que teñen preparado en canto pasen as eleccions do 24 de maio.

Nos, non imos a decir o que a xente que oir, imos a chamarlle o pan pan e mais o viño viño, e non coma aparece en algunha candidatura que empezan decindo teñen 61 anos cando naceron no 1952. Algún motivo oculto teñen ou sinon a que ven isto. Fixeron a licenciatura e mais o doctorado o 11 m. en mentir. Soio lembrando o programa do 2011 da actual corporación, pouco fixeron.

Nos estamos abertos a chegar a acordos con calquer forza progresista. Defendemos un sector púbrico forte, a libertade e igualdade e máis a declaración dos direitos humanos e os dereitos do neno.
(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario