25 de feb. de 2015

DEPORTES

RECEPCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE DEPORTES OS DEPORTISTAS GALEGOS

 Tivo lugar o pasado luns, día 23 de febreiro, no Salon de Actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra 


Informa: Club de Remo Robaleira

 Por parte da Xunta de Galicia representada na persoa do seu Secretario  Xeral para o Deporte, D. José Ramón Lete Lasa celebrou una recepción para os deportistas galegos que durante o exercicio de 2014, acadaron primeiros postos en campionatos de España, nas diferentes modalidades deportivas.




 Por parte do Club de Remo Robaleira foron recoñecidos os deportistas Nuria Domínguez, Mª Cristina González, Oscar Alonso, Jesús González e Sergio Pérez. 

 Sinalar que a deportista guardesa Tecla Cadilla, na disciplina de Judo - a que desde C.R. Robaleira felicitamos cordialmente -, tamén acudiu a cita, acompañada polos seus familiares. 

 O Secretario Xeral tivo unhas palabras para os deportistas, os que agradeceu os seus esforzos por ter levado e defendido o nome de Galicia e España nas diferentes competicións. Deu as grazas os deportistas en nome de todos os galegos, e pediulles que seguiran sendo exemplo para os demais. 


 Despois, un a un, fíxolles entrega de un diploma que recolleron persoalmente. Oscar Alonso non pudo acudir a cita polos seus compromisos deportivos, recollendo o diploma, no seu nome, o Presidente do Club,  Serafín  González. 

 O remate do acto, o secretario e autoridades, departiron cos deportistas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario