CONVERXENCIA GALEGA RECRAMA Á REPARACIÓN URXENTE DAS LOSETAS DE BEIRARRÚAS QUE ESTÁN DESPEGADAS
Infogauda/ A Guarda
Deseguido reproducimos o contido da comunicación que Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”, Portavoz Local de Converxencia Galega ven de presentar no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda, e na que di o seguinte:
Infogauda/ A Guarda
Deseguido reproducimos o contido da comunicación que Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”, Portavoz Local de Converxencia Galega ven de presentar no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda, e na que di o seguinte:
¡¡REPARACION URXENTE!!
Fai poucos días, cando saíamos de mercar o alimento básico por excelencia, do expendio ubicado na rúa Puerto Rico, fomos parados por unha veciña, que nos
solicitou que presentáramos un escrito no Concello, dando a queixa sobre os
“baños” que reciben cada vez que chove e acuden a buscar dita panadeiría, xa
que teñen a beira do poste de iluminación unha baldosa despegada que está o fronte deste negocio, e
cada vez que se despistan, levan unha “chapa” que fai que recorden as “máximas
autoridades” e nalgúns casos, a familiares en primeira xeneración.
Nos
dixo esta veciña que fai bastante tempo, “varias afectadas” acudiron o Concello
a dar a queixa, recibindo moi boas palabras pero o problema sigue tal cual.
Íbamos
acompañar unhas fotos deste tema, pero como non se reflexa a auga que salpica,
preferimos facer somentes o escrito.
Dende Converxencia Galega vimos a solicitar aos “xubilados” que marchan despois das
vindeiras eleccións, que denantes da súa gloriosa despedida, impartan as
órdenes oportunas a fin de que se proceda da maneira máis urxente a arranxar
este problema que o único que precisa e que de tea a vontade de facelo e un
puñado de cemento.
A Guarda, a 20 de Febreiro do 2.015
Xosé María Martínez
Rodríguez “Chechu”
Portavoz Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de Vías e Obras
Concello de A Guarda
Nota da redacción de Infogauda
Exemplos do que indicamos no parágrafo anterior hainos dabondo no casco urbán da vila. E podemos demostra-lo cando súas ilustrísimas queiran.
Nota da redacción de Infogauda
CONVIDAMOS A QUE ÁS EMINENCIAS DO CHAMADO GRUPO DE GOBERNO DE A GUARDA CAMIÑEN A COTÍO POLAS RÚAS DO TERMO MUNICIPAL
Está visto e comprobado que algúns representantes públicos, camiñan moi pouco polas rúas e camiños do termo municipal, e cando o fan, buscan única e exclusivamente sair na foto, polo que súa presenza é meramente testemuñal e interesada, como aconteceu o pasado Martes de Entroido.
Para comprobar o estado dos bens municipais, sería aconsellable que súas eminencias, andivesen a cotío, como o común dos cidadáns, para comprobar motu propio o que moitos veciños e visitantes teñen que aturar día a día, sen que en moitas ocasions, se albisque unha solución, por moi doada que ésta sexa.
Para mostra poñamos somentes un botón: As baldosas ou losetas das beirarrúas, que cando están despegadas ou rotas, e cando chove ou hai auga no chán - como por exemplo fronte a Praza de Abastos -, "sacuden" unha mestura lixenta de auga suxa e "outros ingredintes", en todo caso noxentos, que se proxectan nas extremidades inferiores dos viandantes, causando o lóxico malestar dos mesmos.
Exemplos do que indicamos no parágrafo anterior hainos dabondo no casco urbán da vila. E podemos demostra-lo cando súas ilustrísimas queiran.
Vergoña lles debería dar ter o pobo como o teñen!

Ningún comentario:
Publicar un comentario