23 de feb. de 2015

MOVEMENTOS SOCIAIS

AFECTADOS POLAS PREFERENTES E SUBORDINADAS COMPARTIRON UN COCIDO DE ENTROIDO 

Para celebrar ó éxito das movilizacions coas que recuperaron os cartos


Informa (Texto e fotografías): José Luis García Portela / Santiago de Compostela

 A Plataforma de Compostela, acompañada de representantes doutras plataformas galegas, celebrou cun cocido de Entroido o éxito das movilizacións coas que recuperaron os cartos dos membros da plataforma que foron estafados no calote das preferentes.  

 Ao xantar, que tivo lugar na Nave de Vidán, acudiron 70 compañeiros entre os que estaban representantes das plataformas de Lugo, Baixo Miño, A Estrada, O Salnés e Marín-Pontevedra. 


 Durante todo o evento fóronse proxectando imaxes e vídeos das movilizacións de máis de 2 anos nas rúas. 


 Ao remate da comida, entregáronse uns agasallos en gratitude pola laboura feita polos voceiros, Suso, Pepe e Marta. 

 Tamén se recoñeceron os méritos de Vanesa e Patricia, así como de Antonio, Argimiro e Xulio Vicente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario