8 de febreiro: Queremos Galego convoca unha manifestación multitudinaria para defender a nosa lingua
Queremos Galego / Baixo Miño
A plataforma cidadá Queremos Galego, formada por máis de 600 colectivos sociais de todo tipo, denuncia que cada vez hai menos xente que fala galego. A realidade é que a Xunta de Galiza demostra un total desleixo e desprezo pola lingua, é a propia Xunta quen ataca a oficialidade formal que acadou e que sobrevive nunha situación de liberdade vixiada. O galego continúa perseguido e proscrito de diferentes ámbitos e usos. Hai que lles dar ferramentas ás xeracións novas.Necesitamos promover a nosa lingua pois ela situanos no mundo e fainos donos e donas do nosos provir, está en nós, nas nosas fillas e fillos. Por iso o domingo 8 de febreiro Queremos Galego convoca a todo o Pobo Galego a unha manifestación multitudinaria para defender a nosa lingua comezando ao mediodía dende a alameda compostelá.
Na comarca do Baixo Miño sairán autobuses dende A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui, por 3€/persoa agás desempregados/as (gratis).
É preciso inscribirse antes no:
616 090 632
queremosgalego.baixominho@gmail.com.

Ningún comentario:
Publicar un comentario