23 de feb. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA RECRÁMALLE O ALCALDE DE A GUARDA, Á EXECUCIÓN DAS OBRAS DE SUPRESIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS


María Teresa González Lomba - no centro da imaxe, con unha camiseta branca e nela estampada unha fotografía do seu pai Valentín González González, doente, nunha cadeira de rodas. Coroando á devandita foto, unha mensaxe rotunda: "ESTOY ENCERRADO". A filla de Valentín González dirixiuse a Ministra Ana Pastor, en presenza de varias autoridades autonómicas, provinciais e locais, así como efectivos de forzas da Seguridade do Estado, para expórlle á situación do seu proxenitor.

Infogauda / A Guarda

 Xosé María Martínez Rodríguez, “Chechu”, Responsable Local de Converxencia Galega, ven de presentar no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, o seguinte comunicado:

 Cando no mes de decembro a Ministra Ana Pastor, acudiu a inaugurar oficialmente as instalacións restauradas do Castelo de Santa Cruz Teresa, a filla de Valentin González González, acudiu a ese acto, para trasladarlle a problemática existente, así como o proxecto das obras que facían viable a instalación dunha rampa nas escaleiras do Convento que posibilitarían a eliminación de barreiras arquitectónicas entre as rúas Baixo Muro e Colón que permitiría poder desprazar a seu pai para ser trasladado o médico.

María Teresa González Lomba - na imaxe, de costas - póndo públicamente de manifesto á problemática que afecta a seu pai - Fotografías facilitadas por Converxencia Galega / A Guarda

 Naquela ocasión, o Sr. Alcalde, cual Moisés salvando a humanidade, manifestaba textualmente, e así o recollían os medios de comunicación: “(...) a Lei de accesibilidade impide a instalación de dita rampa, xa que a mesma ten unha normativa que non permite a execución da rampa, xa que suporía convertirse nunha barreira para outros veciños”.

 Outras das súas declaracións, e así se atopan impresas: “Dita obra, pode provocar danos irreparables na muralla medieval (...)”

 Xa non queremos entrar nos debates sobre o asunto presentadas polo Partido Popular e o B.N.G., xa que algunhas delas son para o libro de récords: Xan Lois: “Comprar ou expropiar as vivendas que dan hacia a rúa Ireira e abrir unha vía de comunicación co Baixo Muro (...)”. ¡De fábula! Non hai 3.500€ para facer a rampa, e queremos “invertir” un feixe de cartos... ¡¡Lóxicamente saíulle unha “aplaudidora”, manisfestando que era a mellor opción, e así ela chegaba a casa co coche.

 Do Partido Popular,  mellor non decir nada, ¡¡iso é o que fan habitualmente,...calar, e deixar que o PSOE faga o que queira!! ou votan en contra, ou se absteñen, e así todo sigue igoal, o Goberno Municipal que faga o que lles pete.

 Así logo, veñen con propostas, tales como: “(...) si tes que levar a Valentín, chama ao Concello que te mando dous obreiros para que carguen con él (...)” “(...) O mellor que podes facer e vender a túa casa e marchar para outro sitio(...)” Iso a familia, tivo que escoitalo non só dos “mandos políticos” senón tamén de responsables “sociais”.

 Por esa causa, hubo que acudir os tribunais para conseguir o que por Lei é unha obriga do Concello, a elaboración dún Plan e a eliminación das barreiras arquitectónicas. Xustificación do Sr. Freitas: “(...) Como Valentín hai úns 20 máis (...)” ¡Arránxeo! Os gobernos anteriores desenrrolaron durante anos programas e proxectos de eliminación de  barreiras arquitectónicas. ¿Cánto ten gastado o Goberno do PSOE nos OITO (8) ANOS que levan no Concello eliminando obstáculos? Se facemos caso as declaracións que fan, seguramente CERO (0) EUROS.

 Primeiro foi a Sentencia do Procedemento Ordinario nº 214/2013 na Audiencia Provincial, dictada en data do 28 de marzo do 2.014 "(...) declaro la obligación del Concello de A Guarda de adoptar las medidas necesarias a fin de garantizar la igualdad de oportunidades y no discriminación por incapacidad física y accesibilidad universal de D. Valentín González González, debiendo para ello elaborar y ejecutar el correspondiente proyecto o programa de accesibilidad o ayuda de acuerdo con la normativa vigente en esta materia (...)", CON EXPRESA CONDENA EN COSTAS A LA PARTE DEMANDADA QUE NO PODRÁ EXCEDER DE 700,00€ (...)”.

 Como o diñeiro é público, por iso non doi, non sae do bolso do Sr. Alcalde, e namentras algúns proveedores locais están a espera de cobrar, se presenta un RECURSO DE APELACION Nº 4260-2014 diante do Tribunal Superior de Xustiza (Sección Segunda do Contencioso-Administrativo) de A Coruña e que en data do 5 de Febreiro do 2.015, ven a emitir a Sentencia nº 00053/2015, na que en cumplimento da Lei de barreiras arquitectónicas se sinala que: “(...) las vías públicas, los parques y en general todos los espacios de uso público existentes (...)" "(...) deben ser adaptados gradualmente (...)” “(...) para ello los entes locales deben ejecutar planes especiales de actuación (...)” (...) CUANDO POR DIFICULTADES OROGRÁFICAS O CALLES PREEXISTENTES NO SEA POSIBLE LA CREACIÓN DE UN ITINERARIO ADAPTADO SE DISEÑARÁ COMO MÍNIMO UN ITINERARIO PRACTICABLE QUE PERMITA EL DESPLAZAMIENTO DE PERSONAS CON MOVILIDAD REDUCIDA”.

 Pero é máis, “un experto en Leis” como o noso Alcalde, termina decindo que os xuices están equivocados e a sentencia non se axusta a Lei, e esquece que a mesma Lei de Barreiras Arquitectónicas sinala: “(...) Las Administraciones Públicas gallegas establecerán, ANUALMENTE un porcentaje de sus partidas presupuestarias de inversión para la supresión de barreras existentes (...)” ¿Cánto ten gastado nos últimos oito (8) anos o Concello de A Guarda en eliminación de barreiras arquitectónicas? ¿Cál  é a partida económica asignada a esas obras?

 O Departamento Xurídico do Concello representado pola Secretaria, ¿estudiou a Lei de Eliminación de Barreiras Arquitectónicas e o asesorou? ¿Solicitou Vde., algún Informe Xurídico para saber si tiña a obriga de atender a solicitude presentada pola familia de Valentín González?  ¡Claro, logo deféndese por parte do Departamento de Urbanismo! E así nos vai.

 Por iso, logo sae unha sentencia que dí: Por consecuencia el RECURSO DE APELACION HA DE SER DESESTIMADO.

 PROCEDE HACER IMPOSICIÓN DE LAS COSTAS DEL RECURSO DE APELACION A QUIEN LO INTERPUSO DENTRO DEL LÍMITE CUANTITATIVO DE 1.000 EUROS.

 CONTRA ESTA SENTENCIA NO CABE RECURSO ORDINARIO ALGUNO.

 Agora quedan por plantexarse somentes unhas preguntas: Sr. Alcalde, D. José Manuel Domínguez Freitas:

 ¿Ten a valentía de dimitir? ¿Vai facer as obras denantes de marcharse (con máis pena que gloria) e así se poda sacar a pasear a Valentín e que tome o aire fresco, xa que desgraciadamente quedou cego e non pode volver a ollar as rúas do seu pobo? ¿Vai facer público canto nos custou a defensa xurídica deste pleito?

A Guarda, a 20 de Febreiro do 2.015


Xosé María Martínez Rodríguez, “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega


Sr. Alcalde- Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario