25 de feb. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA SOLICITA INFORMES DOS PAGOS FEITOS POLA EMPRESA QUE TEN INSTALADAS VALAS PUBLICITARIAS NO TERMO MUNICIPAL      
Beatriz Estévez Álvarez
Concelleira-Portavoz de Converxencia Galega no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda


 Beatriz Estévez Álvarez, Concelleira-Portavoz de Converxencia Galega no Concello de A Guarda, ven de presentar no rexistro municipal de entradas, unha solicitude de informes, na que di o seguinte:

INFORME ECONÓMICO SOBRE OCUPACIÓN DE VÍA PÚBLICA     

 Beatriz Estévez Álvarez, en calidade de Concelleira-Portavoz de Converxencia Galega,   

E XPÓN:   

 Tendo en conta da existencia da Ordenanza Fiscal reguladora por ocupacións do subsolo, solo e voó da vía pública, aprobada o 11 de novembro do 2006 (o cal quer decir que a día de hoxe sigue vixente), e que no seu artigo 6. Cota Tributaria-Apartado h: Ocupación de terreos uso público con mercadorías, materiais de construcción, escombros, vaias, puntais, andamios e outras instalacións análogas, por m/2 ou fracción: 0,708970€.  

Por medio de este escrito, vimos a 

SOLICITAR:   

Informe de Intervención, Tesoreira e Secretaria,  sobre os pagos feitos nos ÚLTIMOS CATRO (4) ANOS por parte da empresa que ten instaladas en vía pública diversas vaias en distintos puntos da nosa localidade.  

A Guarda, a 19 de Febreiro do 2.015     


 Beatriz Estévez Álvarez     
Concelleira de Converxencia Galega     


Sr. Alcalde-Presidente 
Sra. Secretaria 
Sra. Tesoreira 
Sra. Interventora

Ningún comentario:

Publicar un comentario