O IEM organiza o ciclo
informativo “Invasoras silenciosas. Novas pragas no Val Miñor”
Cartel do ciclo, deseño de Fino Lorenzo
IEM / Val Miñor
Unha
serie de especies invasoras (animais, plantas e outros organismos), xeralmente
transportados e introducidos polo ser humano fóra das
súas áreas naturais están establecidas e dispersas na nosa bisbarra con efectos
negativos en diversos ecosistemas. A partir deste xoves 26 de febreiro ás 20:30
horas, dará comezo un ciclo informativo na Aula de Cultura Ponte de Rosas, a
cargo de especialistas na investigación e control de catro ameazas instaladas
no Val Miñor: O carrizo da Pampa, o picudo vermello das palmeiras, a avespa
asiática (velutina) e unha serie de enfermidades infecciosas que afectan á
poboación anfibia.
O
ciclo se desenvolverá seguindo o seguinte programa:
Xoves 26 de febreiro.
20.30 horas.
Presenta
Xosé Ramón García (Botánico e membro da Xunta de Goberno do IEM).
-
1º coloquio: “O carrizo da Pampa.
Invasión a toda máquina”.
Relator: Miguel A.
Fernández Martínez. Biólogo. Traballa no estudo e
control de invasoras en Galicia, entre outras coas especies vexetais exóticas
dos ríos de Pontevedra e cos cangrexos de río exóticos, describindo por
primeira vez a presenza de Pacifastacusleniusculus
no noso territorio. É autor das Guías das libélulas de Galicia e da Natureza
dos ríos e ribeiras de Galicia.
-2º
coloquio: “Enfermidades infecciosas
emerxentes. A ameaza definitiva para os herpetos galgos?”
Relator: César Ayres.
Membro da Asociación Herpetológica Española e coordinador do programa SARE en
Galicia. Integrante do equipo
británico-español que está a estudar os patóxenos "ranavirus" que
afectan á península ibérica.Este científico foi quen achegou as primeiras
mostras de Galicia ao Museo Nacional de Ciencias Naturales (MNCN-CSIC) en 2010
e dende entón, encárgase de seguir periodicamente a evolución do patóxeno no
encoro pontevedrés de Pontillón de Castro.
Xoves 5 de marzo. 20.30
horas
Presenta
Pablo Casal Núñez (Profesor de Ed. Física e membro do IEM).
-3º
Coloquio. “O picudo vermello das
palmeiras. Impacto no Val Miñor”.
Relator: Antón
Vázquez Caamaño.
Enxeñeiro agrícola pola Universidade de Santiago de Compostela. Adscrito á
Consellería de Agricultura, traballa na Sanidade Vexetal Explotacións Agrairas
da Delegación da CMRM en Pontevedra, nocivos de coarentena, como o cancro
bacteriano do kiwi, o nemátodo da madeira do piñeiro, ou o picudo vermello que
hoxe nos ocupa. Participa regularmente en actividades formativas e divulgadoras
para técnicos e agricultores, ademais de publicar artigos de carácter técnico
en revistas e medios profesionais.
-4º
Coloquio. “A avespa velutina”
Relator: Suso Asorey.
Biólogo pola Universidade de Santiago de Compostela. Especialízase no mundo das
abellas. Socio fundador de AGA, Asociación Galega de Apicultura (1980) e tamén
da cooperativa ERica Mel (1990). En 2004 funda a Casa das Abellas, centro de
visitantes adiacos a resaltar o imprescindible labor ambiental destes insectos
e o valor dos seus produtos. Ten publicado un ABC da apicultura, unha Guía do
apicultor. A marabillosa historia da abella apolinaria, e DA flor á mesa,
historia dunha pinga de mel. Na actualidade é portavoz de AGA e secretario
técnico de Erica Mel S.C. G.
Ningún comentario:
Publicar un comentario