25 de feb. de 2015

TOMIÑO

FEIRA DE OPORTUNIDADES, ARTESANÍA E EXPOSICIÓN DE ARTE

ADETO (Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalería e Industria de Tomiño) organiza unha Feira de Oportunidades, Artesanía e Exposición de Arte, que terá lugar no Mercado de Tomiño, os días 28 de febreiro e 1 de marzo, con horario de 10:00 a 20:00 h.   


ADETO / Tomiño

 ADETO organiza a feira de oportunidades cunha mestura de comercio de oportunidades, elaboracións artesanais e exposición de arte. Tamén haberá elaboracións artesanais, contando cunha exposición artística a cargo de pintores e escultores da comarca.   

 Este ano por primeira vez realizarase no novo Mercado de Tomiño. No andar superior o visitante poderá adquirir a prezo de oportunidade  artigos dos comercios participantes de roupa, deportes, zapatería, perfumería, complementos, perruquería, ortopedia,… 

 Nos soportais que rodean ó Mercado estarán artesáns nun dos laterais, e no outro o escultor Ignacio Moure e a pintora Ana coa súa exposición.   

 Tamén haberá obradoiros para os nenos en horario de 11:00 a 13:00 h  e de 17:30 a 19:30 h, realizados por Festa Á Esgalla e Ludoteca Xoaniñas, tanto o sábado como o domingo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario