15 de feb. de 2015

A GUARDA

MOVEMENTO TRICOLOR DO BAIXO MIÑO SOLICITA O CONCELLO DE A GUARDA O CUMPLIMENTO DA LEI DA MEMORIA HISTÓRICA


Infogauda / A Guarda

  Fabián González Álvarez, en represnetación do colectivo denominado Movemento Tricolor do Baixo Miño, ven de presentar no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte solicitude:

 Dende fai bastante tempo, temos constancia, que diversos colectivos sociais, sindicais e políticos, se teñen dirixido o Concello de A Guarda, solicitando o cumplimento da Lei 52/2007 da Memoria Histórica que no séu artigo 15 de SÍMBOLOS E MONUMENTOS PÚBLICOS, Punto 1,  sinala:

"(…) As administracións públicas, no exercicio das súas competencias, tomarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxetos (…)”.
  Polo anterior, consideramos que non é de recibo, que a día de hoxe, que tendo no noso pobo un goberno “progresista”, do mesmo partido de quen elaborou a Lei, poidamos observar en distintos rincóns de A Guarda, placas en fachadas de vivendas – incluído o Concello - recordando as obras feitas na época da dictadura.
 Vivendas sociais, fontes, lavadeiros,  rúas, etc., siguen mantendo placas, co xugo e as frechas, sin que o Goberno do PSOE local escoite a solicitude dos colectivos que teñen presentado escritos nese sentido.
 Queremos deixar craro que desexamos que a simboloxía pública debera ser ocasión de encontro  e non de enfrontamento, ofensa ou agravio.

 Polo que por medio de este escrito, vimos a solicitar do Sr. Alcalde que se proceda a cumplir a Lei 52/2007 e se de inicio a retirada das placas existentes en distintos puntos da nosa localidade con símbolixía franquista.

 A Guarda, a 13 de Febreiro de 2.015

Rexistro de Entrada nº 910
Data de Rexistro: 13-02-2015


      Fabián González Álvarez


 Sr. Alcalde-Presidente

Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario