A ASOCIACIÓN DE CONSUMIDORES "ALDRAMAN" PLANTEXA VARIAS PREGUNTAS O ALCALDE DE A GUARDA E A MESA DE COMERCIO
Celso R. Fariñas, presidente da Asociación de Consumidores "Aldraman"
Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
Celso R. Fariñas, presidente da Asociación de Consumidores "Aldraman", ven de presentar no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte comunicación:
Asociación de Consumidores “ALDRAMAN”
r/ Manuel Lomba, 7-baixo
36780 A Guarda
Por medio deste escrito, vimos a solicitar, tal e como manifestamos na Xunta da Mesa de Comercio, que se nos faga chegar a seguinte documentación:
a).- Copia da grabación de dita reunión, tal e como xa o manifestamos o inicio da referida xuntanza.
b).- Copia das distintas actas que se levaron para a súa aprobación nesta Xuntanza cas rectificacións nos textos que estaban incompletos.
c).- Resposta das preguntas pendientes das anteriores xuntanzas.
d).- Resposta as preguntas desta derradeira xuntanza:
1º).- ¿Quen recibiu a Convocatoria por parte de ÁBACO?
2º).- Dada a inoperatividade dende fai máis de DOUS (2) ANOS de ÁBACO, e non recollendo a Documentación e Convocatoria das Xuntas da Mesa de Comercio, ¿é legal a convocatoria? ¿Ten algún sentido instistir, ou somentes é unha “artimaña legal” do Goberno Municipal para aumentar a súa representación?
3º).- ¿Ten a titulación e está habilitado legalmente para levar a cabo as funcións de Secretario da Mesa de Comercio o Auxiliar Administrativo que acude as mesmas?
4º).- Poñer de relieve a manifestar a nosa molestia pola ausencia reiterada da representante de Comercio asignada pola Xunta de Galicia
A Guarda, a 14 de Febreiro de 2.015
Celso R. Fariñas
Presidente
Sr. Alcalde-Presidente
Mesa de Comercio
A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario