CONVERXENCIA GALEGA PROPÓN QUE O CONCELLO SOLICITE UNHA SUBVENCIÓN PARA EQUIPAMENTO DE EMERXENCIAS
Beatriz Estévez Álvarez
Concelleira-Portavoz de Converxencia Galega
Infogauda / A Guarda
O Grupo Municipal Converxencia Galega, a traverso da súa concelleira-portavoz, Beatriz Estévez Álvarez ven de presentar no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, unha comunicación na que di o seguinte:
PROPOSTA DE SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN
Tendo coñecemento da publicación
da Orde do 28 de xaneiro de 2015 pola que establecen as bases reguladoras e a
convocatoria de subvencións para o ano 2015 para a adjudicación de equipamentos
de emerxencias, en réxime de concurrencia competitiva, a concellos de menos de
50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de Concellos galegos que
conten con Agrupacións de Protección Civil, inscrita no Rexistro de Protección
Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme a Lei 5/2007, do 7 de maio, e
o Decreto 56/2000, do 3 de marzo, e a súa convocatoria para o ano 2015.
Tendo en conta que
según diversos escritos, o noso Concello dispón dunha Agrupación de Protección
Civil da cal son responsables –ademais do Alcalde- o Sr. Concelleiro de Vías e
Obras e o Xefe da Policía Local, -documentación sobre a existencia desta
agrupación e sobre as súas actividades, subvencións, componentes, etc., se nos ten
negado permanentemente-
Dende Converxencia Galega, vimos a solicitar do Grupo de Goberno do PSOE, que proceda a levar a
cabo a solicitude, ante a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, dependente
da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e
Xustiza ven directamente, ven a través da Mancomunidade do Baixo Miño, e
acollerse a dita subvención (PR450A)
EQUIPAMENTO DE EMERXENCIAS A CONCELLOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES,
MANCOMUNIDADES E AGRUPACION DE CONCELLOS. Fondos FEDER 2007-2013), dado
que o prazo para a solicitude, remata o 28/02/2015
A Guarda, a 06 de febreiro do 2.015
Beatriz Estévez Álvarez
Concelleira-Portavoz
de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro responsable de protección Civil
Sr. Xefe da Policía Local e responsable da Agrupación de
P.C.
A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario