O CLUB DEPORTIVO ANDATUI REGODAPEDRA ORGANIZA Á RUTA DE SISTELO (PORTUGAL)
Benqueridas/os camiñantes:
O
día 7 de marzo organizamos
a ruta de Sistelo (Portugal) ata o alto do nacemento do río Vez, circo glaciar
no Xurés e montes da Peneda.
O desnivel parte de 218 m. ata os
1.110 m. cunha dificultade alta tanto na subida como na baixada.
Recomendamos levar bastón, roupa de abrigo
(na cima baixan moito as temperaturas), algo para comer. Auga podedes atopar
bastante no camiño, pois pasamos por moitos regadíos e fontes.
Sairemos de centro interfederado ás 8 da
mañán e voltaremos sobre ás 18:00 aprox. Os que queiran saír en Sistelo, a
saída será ás 9:00 aprox.
Para participar, apuntádevos aquí.
Deixámosvos
unha galería de imaxes da ruta.
Coordenadas Saída Centro Interfederado:
42°02’24.5″N 8°38’41.1″W
42.040145, -8.644739
Coordenadas
Saída Sistelo:
41°58’24.0″N 8°22’26.4″W
41.973333, -8.374011
Vémonos no camiño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario