CIENTÍFICOS DE ASTURIAS, CANTABRIA, GALICIA, PAÍS VASCO E
COMUNIDADE VALENCIANA DESENVOLVEN ESTE MARTES, NO AREEIRO UNHA XORNADA PARA ESTUDIAR O
CHANCRO BACTERIANO DO KIWI
·
A enfermedade deste cultivo está a causar graves perdas económicas
nos países e zonas produtoras.
· Galicia cultiva máis de 500 hectáreas de kiwi, a maioría nos
concellos de Oia, Tomiño, O Rosal e A Guarda.
·
A producción galega de kiwi representa o 65% do total español.
Infogauda / Pontevedra
Científicos especializados en Fitopatoloxía procedentes de Asturias, Cantabria, Galicia, País Vasco e Comunidade Valenciana daránse cita este martes, 24 de febreiro, na Estación Fitopatolóxica de Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra, para tratar diferentes aspectos do "Chancro bacteriano do Kiwi" nunha sesión convocada pola Estación Fitopatolóxica de Areeiro para abordar plantexamentos conxuntos contra esta enfermedade da planta.
A xornada de traballo terá lugar ao longo da mañá, dende as 9 horas ata ás 14:30. Nela plantexaráse unha postura común fronte a esa enfermedade, causada pola bacteria "Pseudomonassyringaepv. Actinidiae" que está a causar graves perdas económicas nos principais países e zonas produtorasdo cultivo de Kiwi.
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro xa está a desenvolver diversas iniciativas de investigación, con proxección europea, para mellorar a calidade do kiwi galego. Estas iniciativas derivan de convenios asinados entre a Deputación de Pontevedra e diversas entidades públicas e privadas de Galicia e España.
En Galicia cultívanse máis de 500 hectáreas de kiwi, sobre todo nos concellos pontevedreses de Oia, Tomiño, O Rosal e A Guarda. A producción supón o 65% do total español.
España é o país con máis consumo per cápita de kiwi do mundo. Consume 80 millóns de kilos de kiwi e só produce 12 millóns. A producción deste cultivo en Europa - Nueva Zelanda é o país de referencia pois este ano vendeu 40.000 toneladas de kiwi a España - iniciouse en Galicia que tén as condicións óptimas para este tipo de froito.
Asturias, O País Vasco e Portugal están ampliando as súas plantacións de kiwi en vista das potencialidades que ofrece o mercado español. Portugal, por exemplo, declarou produto estratéxico este cultivo e recentemente ampliou a súa superficie de producción en 300 Ha.

Ningún comentario:
Publicar un comentario