CONVERXENCIA GALEGA SUBLIÑA ONDE ESTÁN ALGUNHAS SINAIS DE TRÁFICO "DURMINDO O SONO DA PAZ"
Dúas sinais de tráfico, co seu correspondente soporte, "deitadas" no chan, na zoa do Pirún "durmindo o sono da paz" - Fotos: Converxencia Galega - A Guarda
Infogauda / A Guarda
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”, Responsable Local de Converxencia Galega de A Guarda, ven de presentar no rexistro de entradas do Concello guardés, unha comunicación na que di o seguinte:
¡¡XA TEMOS TRÁFICO SOTERRADO!!
Esta esclamación
(con moita retranca) foi o que escoitamos cando un veciño da zona do Pirún nos
chamou fai poucos días para que fóramos a mirar a situación destas sinais de
tráfico que xa levan bastante tempo “dormindo o sono da paz” mirando para as
profundidades sin que o Concelleiro de
Vías e Obras, xunto co de Tráfico (tamén nos dixo que na palabrería enxebre eran coñecidos como O
Teniente e o Liberado da Joreña) se huberan enteirado desta situación, anque as
queixas e reclamacións xa foran transmitadas por varios veciños o Cabo das
Forzas de Liberación Municipal, tamén coñecidos como “Os muchachos do Pauli”
– especialmente o 06 - “fiel lebrel de su amo”, sin que a día de hoxe se hubera
tomado algunha medida, polo que o “Consello de Ancianos do Lugar” habían
chegado a conclusión que habían sido “plantadas no lugar” para que colleran
raíces e se consolidaran, para que serviran no servicio de transporte
subterráneo que estaba proxectado dende fai bastante tempo como complemento do
famoso “teleférico” que ían inaugurar dende o cruce do Pasaxe, sin ter ainda
moi claro cales eran os terreos que ían expropiar para facer a instalación.
As devanditas sinais de tráfico levan nesa posición bastante tempo
Toda a “novela” – de
terror negro - que comentamos anteriormente, é unha “carallada” si non se
tratara dunha imaxe máis da demostración do estado de abandono e deixadez que
acontece no noso concello, namentras estamos pagando uns salarios e estes
persoaxes que non merecen nin o saúdo polos méritos que teñen feito a día de
hoxe, e que nos está convertindo nún barrio marxinal, donde a única solución e
a emigración, ainda que sexa para os pobos limítrofes.
Logo dín que os
“malos da película” somos os de Converxencia Galega, pero tanto o Sr. Freitas
como os séus “musicos” non merecen o aprobado no concerto que levan
interpretando nos derradeiros oito (8) anos, convertindo en bos a aqueles que
eles se fartaron de criticar permanentemente e atacando a nivel persoal cando
xa non tiñan de que falar e hoxe se demostra que a diferencia positiva era máis
que a que querían “comprar” cando sin vergonza e co máximo de cinismo prometían
xulgados e outros postos para conseguir apoios de persoas doutros grupos
ideolóxicos a cambio de apoio electoral.
A Guarda non pode
seguir soportando a “desfeita” que o grupo progresista e de “esquerdas” do Sr.
Freitas e Cía. que non saen dos xulgados nin paran de pagar e contratar a
persoas non pola súa valía, senón pola “valoración” do carnet de partido.
A Guarda, a 14 de
xaneiro do 2.015
Xosé María Martínez
Rodríguez “Chechu”
Responsable Local
de Converxencia Galega
Sr.
Alcalde-Presidente
Concello de A
Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario