CONVERXENCIA GALEGA PRESENTA UNHA MOCIÓN PROPONDO UN PROGRAMA DE SUSTITUCIÓN DOS POSTES DE SERVIZO ELÉCTRICO, TELEFÓNICO E DE ALUMEADO PÚBLICO QUE SUPOÑEN UN PERIGO PARA OS CIDADÁNS
Beatriz Estévez Álvarez, Concelleira-Portavoz de Converxencia Galega no Concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
Para seu debate na vindeira sesión plenaria do Pleno da Corporación Municipal de A Guarda, e aprobación se procede, Beatriz Estévez Álvarez, Concelleira-Portavoz de Converxencia Galega no concello guardés, ven de dar á coñecer o contido da moción que presentou no rexistro municipal de entradas do concello, e na que expón o seguinte:
PROGRAMA DE REVISIÓN, INSPECCIÓN E
SUSTITUCIÓN DE POSTES DE TENDIDO
ELÉCTRICO, TELEFÓNICO E DA ILUMINACIÓN PÚBLICA
En
diversas ocasións, na maioría das veces, por indicación de veciños/as
preocupados polas moitas deficiencias, carencias e signos de deterioro, - que
multiplican as posibilidades de accidente s- nos elementos que soportan os
tendidos das redes eléctricas, telefónicas e de iluminación públicas, temos
feito un seguimento a estas instalacións, tomando nota escrita ou gráfica, e
despois de haber feito pública esta problemática nos medios de comunicación e
por escritos presentados no Rexistro Municipal, sin que se note que se tomara
ningunha medida polo actual Equipo de Goberno,
xa de maneira directa ou facendo a reclamación pertinente a empresa que
lles corresponda.
Entre os diferentes problemas que
calquer/a veciño/a pode detectar sin gran esforzo, é a presencia de diversos
postes de ferro, (raíles de vías férreas) que teñen máis de CINCUENTA (50) ANOS instalados, e que na
maioría dos casos, presentan avanzados casos de corrosión, sin que dende fai
moito tempo, non haxan recibido ningún tipo de tratamento, aillamento,
etc., o que os fai moi propensos a ser
instrumentos de alto risco potencial dunha descarga eléctrica por contacto, sen
que amosen ningunha sinal de perigo, ou aqueles que están moi carcomidos pola
salitre, que en calquer momento poidan virse abaixo, e tendo instalado na súa
estructura farolas do alumeado público.
Este tipo de instalacións, son un
“espectáculo” que deteriora a imaxe urbana, sendo un reflexo da precariedade do
tipo de instalación, ausencia de seguridade, ou o que o mesmo, un fiel reflexo
do estado de deixadez e abandono o que nos ten sometido o actual Equipo de
Goberno do PSOE, encabezado polo Sr. Freitas.
Dende Converxencia Galega, consideramos que se debera levar a cabo
diversas actividades de prevención para minimiza-los riscos e tentar de
implementar medidas para reducir o perigo existente.
Por tódolo exposto, dende Converxencia Galega, vimos a presentar para o seu debate e aprobación a seguinte Moción:
1º).- Dar inicio cas distintas empresas
suministradoras de Electricidade e Telefonía, da planificación para a
sustitución dos existentes en forma de raíl de vía férrea por outros máis
idóneos e que cumplan as medidas mínimas de seguridade.
2º).- Inspeccionar, reparar e/ou
sustituir tódolos postes de madeira ou de outros materiais, tras verificalo séu
estado de conservación e adaptación as esixencias técnicas actuais.
3º).- Inspeccionar, reparar e/ou
sustitui-los postes de tendido eléctrico, telefónico e de iluminación que por
circunstancias diversas teñen unha ubicación que comprometa a seguridade
viaria, ou nos que a súa estabilidade vertical non sexa a máis axeitada a
seguridade para peatóns.
A Guarda, a 13 de xaneiro do 2.015
Beatriz Estévez Álvarez
Concelleira-Portavoz
de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario