11 de nov. de 2014

AREAS (TUI)

Asemblea aberta "Construíndo futuro" este venres en Areas  
 
BNG / Tui

 A militancia do BNG convida a participar unha vez máis, nesta nova etapa, participativa, de portas abertas a todos os veciños e veciñas de Areas que queiran contribuir, coas súas ideas e as súas críticas, á construción dun proxecto de goberno e candidatura  que Tui merece.  

 Dende o Bloque Nacionalista de Tui facemos un chamamento para que a veciñanza de Areas colabore na construcción dunha maioría social que respalde o cambio que precisa urxentemente o noso Concello a través dun proxecto participativo, pensado por e para a cidadanía. Porén realizaremos unha asemblea aberta  o vindeiro venres día 14 de novembro, ás 20:30 h. no Centro Cultural de Areas, porque creemos que é o momento de se implicar e de sumarse ao proceso impulsado polo Bloque Nacionalista Galego.
(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario