18 de out. de 2014

PONTEVEDRA

AS BRIGADAS DA DEPUTACIÓN INTERVIRON EN TRES ESTRADAS CORTADAS AO TRÁFICO E NOUTRAS ONCE QUE PRESENTABAN DIVERSAS INCIDENCIAS


Infogauda / Pontevedra

As brigadas da Deputación de Pontevedra interviron en tres estradas cortadas e noutras once con diversas incidencias, con motivo do temporal acaecido o xoves na provincia.
As principais incidencias tiveron lugar na estrada Tebra-Cristelos, en Tomiño, cortada a consecuencia de que a auga caída levantou o asfalto; na EP Gondomar-Chaín-Morgadáns, cortada por unha inundación que afectoutamén a unha carpintería próxima; e na estrada Calvario-A Garrida, en Vigo, que tivo que ser cortada ao tráfico por mor da caída dun muro.
Incidencias noutras vías
Outras incidencias que obrigaron á intervención dos equipos e da maquinaria do Parque de Maquinaria da Deputación e dos seussubparques de Lalín, Codeseda, Ponteareas e Porriño, tiveron lugar no lugar de Viliquín (Meaño) por unha cuneta taponada por caída de pedras; na estrada Gatomorto-As Augas, en Pontevedra, por desprendementos de terra e pedras, e na vía entre Bao e Campañó por unha bolsa de auganunha curva; na vía Riofrío-Borbén, por entrada de auga en vivendas; na EP Arcade-Amoedo, por desprendementos sobre a calzada; na EP Sabarís-Belesar, por caída dun muro; e na vía Amoedo-Os Valos por levantamento das tapas do alcantarillado.

A Deputacióntén un retén de guardia e o operativo de personal e medios dos seus parques alerta, con camións, materiais dispersantes, desbrozadoras, mantemento, tractores e grúas, etc., e tamén un equipo de Motobombas en caso de necesidade de achicar auga.

Ningún comentario:

Publicar un comentario