ASEMBLEA ABERTA DE RETORNADOS NA CASA DE MONTES DE TOMIÑO
SÁBADO 18 DE OUTUBRO ÁS 18:30 HORAS
Plataforma de Emigrantes Retornados do Baixo Miño
A Plataforma de Emigrantes Retornados do Baixo Miño convoca unha asemblea aberta para tódolos retornados que hai na Comarca, o vindeiro sábado 18, ás 18:30 horas, na Casa de Montes de Tomiño (antiga Casa Sindical).
Nesta xuntanza darase a coñecer tódolos pasos que se estiveron a dar, informaráse da posíbeis retiradas de sancións cara comezos do ano que ven (tendo información precisa desta situación da Delegada da Facenda en Galiza), recolleránse tódalas sinaturas nas cales esiximos a modificación da lei que nos tacha de defraudadores, e, decidiráse as vindeiras mobilizacións e actuacións ,tanto a nivel nacional, coma comarcal.
Para máis información poden contactar coa plataforma: emigrantesbaixominho@gmail.com
Teléfonos: 620 892 262 - 616 090 632.
Ningún comentario:
Publicar un comentario