O COLECTIVO DE XUBILADOS E PENSIONISTAS DA CIG RECOLLERÁ SINATURAS EN CONTRA DO REPAGO SANITARIO
O Colectivo de xubilados/as e pensionistas da Confederación Intersindical Galega (CIG), este vindeiro sábado dia 11.10.2014, estarán recollendo sinaturas no pobo de A Guarda, no mercadillo da Alameda, en contra do REPAGO SANITARIO.
O Partido Popular aló polo mes de abril do ano 2012 estableceu un sistema de pagos que afectan especialmente aos pensionistas e enfermos crónicos, converténdose un novo imposto a enfermidade. O COPAGO OU REPAGO, consiste en volver a pagar por algo que xa se pagou a través dos impostos (renda, IVE, céntimo sanitario na gasolina, etc).
Con esta medida cóbrase por medicamentos que se dan nas farmacias, nos hospitais para cancro de mama, cancro de ril, tumores cerebrais, tumores malignos do aparello dixestivo, leucemia mieloide crónica, artrite reumatoide, dexeneración macular ou a hepatite C crónica, aparte de retirar máis de 400 medicamentos, e que supón que temos que pagar o 100%.
Estes medicamentos estaban exentos de copago pero agora os pacientes teñen que pagar un 10% do seu prezo, cun máximo de 4.20 €uros por envase.
Ante todo isto non nos queda outra que protestar e rebelarnos.
Asina e participa contra o roubo do copago dos medicamentos.
Colectivo de pensionistas e xubilados/as da CIG
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario