2 de set. de 2014

VIGO

Exposición de Alex Vázquez
Desde 01/09/2014 ata 12/09/2014
Sede da Deputación, r/ Oporto, 3. Vigo


Infogauda / Vigo


  A exposición de Alex Vázquez, que ten lugar do 1 ó 12 de setembro na sede da Deputación en Vigo, permitiralles ós asistentes afondar no mundo da camelia, que, a pesar de non ser unha planta autóctona de Galicia, forma parte dos nosos xardíns desde hai varios séculos. 

 Alex Vázquez-Palacios Gómez naceu en Vigo en 1946 arroupado por unha familia moi vinculada ó contorno artístico galego, que lle axuda a desenvolver as súas aptitudes creativas. 

 Aínda que é un pintor principalmente paisaxista a súa traxectoria pódese considerar moi variada: figura, retrato, mariña ou paisaxe urbana. Na actualidade os seus traballos están enfocados ó mundo da camelia; participou coa súa exposición “Viaxe da camelia, de Oriente ás Rías Baixas” no Congreso Internacional da Camelia 2014.

Ningún comentario:

Publicar un comentario