22 de set. de 2014

NIGRÁN

NO PLENO DO PRÓXIMO XOVES VOTARASE A ALEGACIÓN DE ESQUERDA UNIDADE DE NIGRAN Á TAXA DE ENTRADA DE VEHICULOS A TRAVÉS DE BEIRARRÚAS 

 O Concello de Nigrán nega a placa de vado a persoas que teñen que pagar a taxa de entrada de vehículos a través de beirarrúas

Infogauda / Val Miñor

 No pleno do próximo do Concello de Nigrán votarase a reclamación presentada por Esquerda Unida á taxa de entrada de vehículos a través de beirarrúas. 

 Esquerda Unida de Nigrán, a través do seu voceiro José Cuevas, presentou no rexistro do Concello, no período de exposición publica, a única reclamación contra a aprobación provisional, no pleno do pasado 28 de abril, da modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola entrada de vehículos a través das beirarrúas e reservas da vía pública para o exercicio 2015. 

 A reclamación presentada ten como principal fin corrixir as desigualdades nas tarifas segundo o tipo de entrada que se trate, facéndoas mais xustas e equitativas, así como contemplando todos os casos posibles, debido as diferentes características das entradas de vehículos. 

 Tamén se melloran aspectos da ordenanza referidos ao período impositivo e devengo así como as normas de xestión, ou cuestións como o de garantir o xiro en todo tipo de entradas. 

Esquerda Unida pide que quen pague a taxa de entrada de vehículos a través de beirarrúas teña dereito á placa de vado automaticamente.

 Esquerda Unida ten coñecemento de persoas que teñen que pagar a taxa de entrada de vehículos a través de beirarrúas, ás que se lle nega a placa de vado.

 É por ilo polo que a súa alegación tamén vai encamiñada para evitar a posibilidade de que haxa veciños aos que se lle queira cobrar a taxa e ao mesmo tempo se lle negue a placa de vado permanente. 

 Para José Cuevas, voceiro de Esquerda Unida en Nigrán, estas negativas a conceder o vado a persoas que pagan a entrada de vehículos, so poden pasar con este goberno municipal debido a súa pésima xestión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario