22 de set. de 2014

A GUARDA

ROMARÍA DE SANTA TREGA

Devotas de Santa Trega, no intre de chegar á procesión o santuario
Foto: Ricardo Rodríguez Vicente

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Este martes 23 de setembro conmemórase á festividade de Santa Trega. Moitas persoas comenzarán á xornada ben cediño, para subir ata o santuario, rezando o Santo Rosario e facer o Vía Crucis. 

 Os asistentes á romaría que terá lugar no cumio do Monte que leva o nome da mártir de Iconio, no termo municipal de A Guarda, poderán asistir na ermida da Santa, as misas rezadas que se oficiarán ás 08:00, 09:00 e 10:00 horas respectivamente, e a misa solemne, que comezará ás 11:00 horas, e contará con sermón, ofrenda e o remate da eucaristía, a procesión. 

 Logo de recollerse á procesión, ás persoas que o desexen poderán bicar as reliquias do Lignum Crucis e de Santa Trega. 

  E deseguido, preto do púlpito ao aire libre, dará comezo a tradicional poxa dos froitos - evocadora dunha secular tradición diezmal - que culminará co sorteo da "regueifa" - tarta de roscas de diferentes tamaños, dispostas de maior a menor -  que acostuma a ter un importante agasallo sorpresa.  

Vista parcial doa recinto onde ten lugar a poxa dos froitos, que congrega a centos de persoas Foto: Ricardo Rodríguez Vicente

 Se á climatoloxía non o impide, moitas familias de A Guarda e da súa contorna, subirán o Monte Santa Trega e celebrarán á festividade da discípula de San Pablo, avogada das dores da testa e do corazón, coa participación nos actos eclesiásticos e a continuación o xantar enxebre. A xornada festiva local, rematará á tardiña coa merenda cea no Parque do Cancelón (O Montiño), con bailes e cantos populares, o son de gaitas e percusión tradicionais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario