27 de set. de 2014

MOVEMENTOS SOCIAIS

"Non queremos que Humberto quede como un asasino. Queremos que quede como o que é: un asasinado"


Flor Baena, irmá de Humberto 
© http://solidaridadxosehumbertobaena.blogspot.com/

"Papá, mamá: Executaranme mañá. Quérovos dar ánimos. Pensade que eu morro, pero que a vida segue". Deste xeito despedíase de seus pais Xosé Humberto Baena na derradeira carta que lles escribiu. Este sábado 27 será o 39º aniversario dos últimos fusilamentos da ditadura, os de tres militantes do FRAP (ademais de Baena, o tamén vigués José Luis Sánchez Bravo e Ramón García Sanz), e dous de ETA (Ángel Otaegui e Juan Paredes Manot Txiki).

Ningún comentario:

Publicar un comentario