Artur Mas asina a convocatoria que chama os cataláns a votar o 9 de novembro
Decreto da convocatoria da consulta
O president da Generalitat, Artur Mas, deu este sábado o último paso cara á consulta soberanista ao asinar o decreto de convocatoria para o 9 de novembro. O decreto, que se sostén legalemente na lei de consultas aprobada a semana pasada por unha ampla maioría do Parlament e publicada na mesma mañá deste sábado, incorpora as preguntas pactadas polos partidos do bloque soberanista o 12 de decembro "Quere que Catalunya se converta nun estado? En caso afirmativo, quere que este estado sexa independente?", ademais do regulamento para a votación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario