A corporación republicana volve ao Concello de Teo por "lexitimidade e democracia"
Retratos dos edís da corporación republicana teense, recuperados polo Concello
CC BY-SA Praza Pública
O 16 de febreiro de 1936 a II República Española celebrou eleccións a Cortes Xerais e a Fronte Popular gañounas. A vitoria foi tal no conxunto do Estado e tamén no Concello de Teo, próximo a Santiago, onde o resultado electoral xeral derivou, ao mes seguinte, na decisión do Goberno Civil da Coruña de remover dos seus cargos á corporación municipal e nomear unha xestora de 17 membros que o 16 de marzo elixiron como alcalde a José Rodríguez Vázquez, activista republicano e membro do Sindicato de Oficios Varios. Esta corporación tivo apenas catro meses para gobernar, os que mediaron entre a súa toma de posesión e o golpe de Estado franquista que os destituíu duns cargos nos que veñen de ser simbolicamente restituídos case 80 anos despois.
Ningún comentario:
Publicar un comentario