O GRUPO INFORMAL RUELA AXUDA A MELLORAR Á INTEGRACIÓN SOCIAL DAS PERSOAS CON ENFERMIDADE MENTAL
● Segundo o censo
da Consellería de Traballo e Benestar, en Galicia hai 41.533 persoas con
certificado de discapacidade por enfermidade mental.
● O 80%
destas persoas son atendidas na casa soamente un 20% reciben atención
sociosanitaria.
Miguel Eiroa / Vigo
Cos argumentos mencionados
anteriormente na man naceu o Proxecto
Actúa creado polo Grupo Informal
Ruela fundado no marco das axudas da Dirección Xeral de Xuventude e
Voluntariado previstas no programa de accións voluntarias “Iniciativa Xove 2014”. O proxecto nace cun obxectivo claro, mellorar a integración social das persoas
con enfermidade mental. O canle para conseguilo nesta ocasión encontrámolo a
través do teatro terapéutico e a equinoterapia coa meta final de presentar a
obra teatral no II Certame Igualarte, organizado pola Fundación IgualArte.
O proxecto móstrase ricamente beneficioso. Para
os participantes con enfermidade mental axudará a aumentar os niveis de
autoestima, confianza e autonomía, mentres que para os voluntarios da poboación
en xeral que participen enriqueceranse dunha experiencia moi agradable a nivel
persoal, favorecendo a eliminación de ideas erróneas, estereotipos e posibles
prexuízos.
Grupo de Teatro
Destinatarios
Por unha parte os beneficiarios directos os
cales serán persoas diagnosticadas dunha enfermidade mental grave e persistente,
que teñen a sintomatoloxía estabilizada. Por outra banda, beneficiarios
indirectos, os familiares/coidadores de persoas con enfermidade mental. E por
último, tanto os integrantes do grupo como a poboación voluntaria da poboación
en xeral interesada en participar no proxecto.
Finalmente a día de hoxe xa rematando o
proxecto contamos coa participación directa
de 28 persoas contabilizando as persoas con enfermidade mental,
voluntarios da poboación en xeral e os voluntarios do Grupo Ruela. Finalmente
se temos en conta os beneficiarios do respiro familiar (familiares/coidadores)
encontrámonos con arredor de 70 persoas
beneficiadas.
Execución
A totalidade do
proxecto inclúe vinte sesións de teatro terapéutico e seis sesións de
equinoterapia. Ditas sesións leváronse a cabo no verán cunha regularidade de dous
días á semana no caso do teatro terapéutico e unha única sesión semanal de
equinoterapia.
Actualmente estamos a rematar o
proxecto finalizando a última semana de ensaios para grabar o video necesario
para presentar a candidatura o II Certame Igualarte. En canto a equinoterapia o
vindeiro sábado faremos asistiremos a derradeira sesión no Centro Hípico La
Muralla.
O Grupo Informal
RUELA, formado
recentemente para executar o proxecto Actúa está formado por sete mozos e mozas voluntarios naturais de Cangas,
Moaña e Vigo. A experiencia vivida
fainos replantexarnos a necesidade de seguir a diante con novosproxectos en
beneficio das persoas con enfermidade mental para poder aportarlles o soporte
sociosanitario que lles favoreza a mellora da súa calidade de vida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario