7 de ago. de 2014

VAL MIÑOR

ESQUERDA UNIDA MOSTRA A SÚA SATISFACIÓN POLA INCLUSIÓN NO ECOSISTEMA DUNAR PRAIA AMÉRICA – PANXÓN DE TODAS AS ÁREAS RECUPERADAS 

Infogauda / Val Miñor

 Esquerda Unida quere mostrar a súa satisfacción pola aceptación da alegación que presentamos para aumentar a superficie de protección do Espazo Natural de Interese Local das dunas de Praia América e Panxón. 

 Da documentación (plano dos límites propostos) exposta ao público en outubro de 2013 e do proxecto de orde para a declaración, desprendíase que non se incluían nos limites de dito espazo parte das zonas recuperadas na primeira e terceira fases de recuperación do sistema dunar, realizadas nos anos 2005 e 2006, así como a totalidade da quinta fase realizada no ano 2008.  

 Na alegación presentada por Esquerda Unida, solicitábase a inclusión nos límites do ENIL do Ecosistema Dunar praia Ámerica-Panxón todas as zonas incluídas nas diferentes fases de recuperación do sistema dunar. Estas zonas excluídas coinciden coas zonas intermareais da desembocadura do Río Miños, polo que consideramos que deben pertencer ao ENIL.  

 Aínda que non recibimos notificación ningunha, o 17 de xullo de 2014 publicouse no DOG (ver plano da última páxina) a orde pola que se declara, de maneira provisional, como espazo natural de interese local o ecosistema dunar Praia América-Panxón, no concello de Nigrán. No anexo a dita orde, onde se establece a extensión e límites do espazo natural pode apreciarse que a alegación de Esquerda Unida foi aceptada, ao incluír todas as zonas das distintas fases de recuperación. A superficie do Espazo Natural de Interese Local pasa das 2,2 Has  ás 3,58 Has. 

 Para José Cuevas, voceiro de Esquerda Unida en Nigrán, isto demostra o traballo serio e con rigor que as persoas afiliadas e simpatizantes da nosa organización, están a facer durante estes últimos tres anos, para crear unha alternativa medioambiental e socialmente sostible no concello de Nigrán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario