A PLATAFORMA DE EMIGRANTES RETORNADOS DO BAIXO MIÑO CONVOCA UNHA CHARLA INFORMATIVA
- Terá lugar o vindeiro martes día 12 de agosto, ás 20:30 horas, na Casa de Montes de Tomiño
Asamblea de emigrantes retornados
Foto: Plataforma de Emigrantes Retornados do Baixo Miño
Dende a Plataforma de Emigrantes Retornados do Baixo Miño comunicamos que o vindeiro martes día 12 ás 20:30 horas terá lugar unha charla informativa na Casa de Montes de Tomiño sita no barrio do Mosteiro s/n, onde se explicará polo muído as conclusións finais da recente reunión coa Consellería de facenda.
Así mesmo facemos un chamamento a tódolos emigrantes retornados da Comarca que aínda non forman parte da Plataforma a que acudan a esta reunión para se informaren e formar parte deste colectivo que tan duramente e de xeito pacífico está a loitar polos intereses e dereitos de todos e todas nós.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario