O concello de Tomiño promove unha xuntanza para tratar o tema da vespa asiática
A alcaldesa convocou para o día 22 de agosto, coa colaboración da Asociación Galega de Apicultura, unha reunión con abelleiros e produtores de horta e froita da zona Tomiño.
No ano 2012 chegou as costas de Galicia un novo inimigo das nosas abellas, a VESPA ASIÁTICA, e desde aquela colonizou toda a Galicia costeira e estase achegando cada día máis á nosa terra.
A vespa asiática é unha vespa carnívora que se alimente precisamente das abellas autóctonas para alimentar as súas crías. Ao mesmo tempo tamén pode producir picaduras nas persoas e ten unha rápida propagación. Nesta época do ano os seus avispeiros acadan o máximo desenvolvemento e roen a froita a grandes bocados de tal xeito que moitas veces confúndese con picoteos de paxaros.
Dende o concello quere concienciarse na eliminación desta especie invasora que está acabando coas nosas abellas principales polinizadoras das nosas froitas. As abellas xogan un papel fundamental nas nosas colleitas, xa que grazas a elas podemos ter froitas, a desparacición das abellas podería traer importantes pérdidas, repercutindo nas colleitas de viño e de outras froitas que aquí se producen como o kiwi ou as propias hortas dos veciños e veciñas.
Por todo isto, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, en colaboración coa Asociación Galega de Apicultura (AGA), promove unha xuntanza de todas as persoas e entidades da localidade relacionadas co mundo do mel, viticultura, produción de horta e froita, etc., así coma membros de asociacións, comunidades de montes, etc., para que asistan a unha reunión que terá lugar na Casa da Cultura de Tomiño, o vindeiro día 22 de agosto, ás 19.00 horas.
A rexedora local agradece a disposición de AGA e apicultores que colaboraron na organización desta importante xuntanza. “É fundamental lembrar que sen abellas non hai polinización e sen polinización non hai biodiversidade nin produción”, salientou a rexedora. Por isto considera moi importante contar coa presenza das persoas, asociacións e outras entidades convidadas coa finalidade de recoñecer e identificar a este invasor e posteriormente intentar controlar a súa reproducción.
Ao mesmo tempo xunto con biólogos e apicultores tratarán como erradicar esta especie invasora que xa é un problema para as colleitas en lugares como Estados Unidos e que agora mesmo está a colonizar a nosa costa
Data: 22 de agosto
Lugar: Casa da Cultura (Avda. República Arxentina s/n. – Tomiño).
Hora: 19.00 h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario