CONVERXENCIA GALEGA FAISE ECO DO USO PRIVATIVO DE UN TRAMO DE VÍA PÚBLICA
Infogauda / Salcidos
O Grupo Municipal Converxencia Galega, con representación na Corporación Municipal de A Guarda, ven de presentar no rexistro de entradas do concello, á seguinte comunicación:
Xosé María Martínez Rodríguez, Responsable Local de
Converxencia Galega,
E X P O
N:
Dende o pasado día 4 de agosto, e
trala denuncia de varios/as veciños/as que por motivos de traballo (distribuidores
de alimentos, gasóleo, butano, productos do campo, etc.) usan ese vial, podemos
enteirarnos de que unha parte do remate do Terceiro Transversal La Cruz había
sido ocupada/cerrada por unha persoa que a reclamaba como propia, colocando
unha cadena cunha placa de “propiedad privada”, situación que foi posta en
coñecemento da Policía Local, tramitando a denuncia o Departamento de Urbanismo
que sinala o seguinte: “(...) procedeuse a
instalación dunha cadea a modo de peche en parte do tramo de vía pública
situado fronte a súa vivenda sen a correspondente licencia (...)”.
Cando está rematando o mes, a
situación é a mesma, namentras o Alcalde, titular e en funcións, o Concelleiro
de Vías e Obras, así como tamén o Departamento de Urbanismo, parece que non se
enteiran de nada e de “propina” adícanse a “liar” de tal maneira a madeixa, que
a situación vai prolongarse no tempo ata que o óxido corroa a varilla clavada
no chán e caia a cadea.
Logo noutro apartado do
documento que nos foi facilitado do Informe Técnico Municipal, encontramos unha
serie de contradicións asinadas polo aparejador municipal, nas que podemos
atopar o “técnico” sinala: “(...) incoar o
correspondente expediente de reposición da legalidade, comunicándollo o interesado(...)” e logo a continuación decir todo o contrario: “(...) instruir o expediente de reposición da
legalidade logo da audiencia o interesado (...)” E namentras os que
precisan usar o vial “PÚBLICO” según o técnico, teñen que esperar a que se
resolva o “asunto” que polo que se mira vai ter unha larga duración.
Según expresións reflexadas no
documento se sinala que: “(...) dito tramo
é de titularidade pública (...)” e se remata sinalando: “(...) que pretende usurpar coa cadea (...)” ¿Cales son os “impedimentos
legais” para actuar dende o Concello e deixar espedita a zona como teñen feito
noutras situacións semellantes? Sería bó saber si teñen a mesma “eficacia”
cando algún veciño ou constructor deposita na vía pública algún material
durante unhas horas denantes de metela na vivenda ou na obra. Creemos que hai que chegar a conclusión que
cos débiles son moi fortes, pero que cos fortes son moi débiles.¡¡A bó
entendedor...!!
Dende Converxencia Galega, vimos a solicitar que se dé unha solución
inmediata a esta problemática que está provocando grandes atrancos aquelas
persoas que por motivos de traballo teñen que acudir a ese lugar no reparto de
materiais alimenticios, agrarios, de construcción, etc.
A Guarda, a 25 de agosto do 2.014
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
Sr. Alcalde-Presidente do Concello
de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario