Os
traballos permitirán actualizar datos, incluíndo novas altas, pero tamén
facilitando a corrección de erros nas listas actuais
O ORAL
REVISARÁ OS PADRÓNS FISCAIS DOS CONCELLOS DE VALGA, A ESTRADA, OIA E O ROSAL
Infogauda / Pontevedra
A
Deputación de Pontevedra, a través do ORAL, procederá á revisión dos padróns
fiscais dos concellos de Valga, A Estrada, Oia e O Rosal, co obxectivo de
actualizar as listas actuais e mellorar así a xestión de tributos neste
concello.
O
obxectivo desta revisión é manter ao día os padróns, facilitando tanto a
incorporación de novas altas como a corrección de posibles erros ou datos non
actualizados nas listaxes actuais.
No
concello de Valga revisaranse os padróns de recollida de lixo e de sumidoiros,
que son os que o concello ten delegados neste momento na Deputación. No caso
dos sumidoiros, na actualidade o ORAL xestiona neste concello un total de 1.392
recibos, mentres que na recollida de lixo a cifra ascende a 2.260.
En A
Estrada actualizaranse os padróns de recollida de lixo, auga, sumidoiros e vados,
que supoñen na actualidade un total de 21.747 recibos. Os de recollida de lixo
son os máis numerosos, con 10.016 recibos (5.049 pertencentes á área urbana e
4.967 á rural). A eles súmanse 5.404 recibos de auga; 5.506 de sumidoiros e 821
de entrada de vehículos.
Tamén
en O Rosal se revisarán lixo, auga, saneamento e entrada de vehículos, cun total de 7.279 recibos, dos cales 3.177 son
de recollida de lixo, 2.710 de sumidoiros, 1.370 auga e 22 vados.
Finalmente,
en Oia procederase á actualización dos padróns de recollida de lixo, no que na
actualidade están incluídos 1.686 recibos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario