A campaña inclúe a
distribución de 10.000 dípticos e 2.000 carteis nos concellos da provincia
A DEPUTACIÓN PON EN MARCHA
UNHA CAMPAÑA PARA FOMENTAR A RECICLAXE DE ACEITE USADO
·
O número de municipios adheridos ao servizo de recollida de aceite case se
duplicou no que vai de ano, pasando dos 16 de 2013 aos 28 actuais
·
O pasado ano recolléronse máis de 35.000 litros de aceite
A Deputación de
Pontevedra inicia unha campaña para fomentar a reciclaxe de aceite usado e
evitar a súa vertedura polos desaugues. Baixo o lema E ti, que fas co aceite usado?,
a campaña fai fincapé nos beneficios de reciclar o aceite usado da
cociña e explica a forma de facelo.
Faino a través de máis de
10.000 dípticos e 2.000 carteis que se repartirán nos concellos da provincia e
que complementan o plan de recollida e tratamento
de aceites domésticos que a Administración provincial ten en marcha desde 2009.
Incremento dos
concellos adheridos
No marco deste plan, a Deputación, en colaboración coa Fundación Oil Free Ocean (Sigoleo), ampliará o servizo de recollida de aceite usado a 12
novos concellos, que solicitaron tamén contar con contedores especiais para que
os veciños e veciñas poidan depositar neles o aceite que usan nas súas cociñas.
Desta forma, son xa 28 os municipios que disporán deste sistema,
practicamente o dobre que o pasado ano, cando se conseguiu reciclar 35.000
litros de aceite recollido nos 16 concellos que naquel momento estaban
adheridos ao servizo.
A Deputación confía en que a campaña que agora pon en marcha, unida ao maior
número de contedores distribuídos na provincia, evitará a vertedura de miles de
litros dun residuo altamente contaminante e axudará a que cada día sexan máis
as persoas que opten pola súa reciclaxe, de forma sinxela e cómoda.
Os 10.000 dípticos informativos que se distribuirán dentro da campaña E ti, que fas co aceite usado?, explican
graficamente o procedemento, que consiste en ir acumulando o aceite en botellas
de plástico para posteriormente depositalas nos contedores laranxas instalados
en diversos puntos dos concellos adheridos ao servizo.
Este sistema, que permite que os aceites sexan botados nos contedores coas
botellas incluídas, foi implantado de forma pioneira pola Deputación e a día de
hoxe está moi estendido, dado que evita que se produzan derrames e as
consecuentes manchas de aceite e problemas de contaminación localizada que
provocaba o vello sistema, que esixía o baleirado das botellas dentro dos
contedores.
Beneficios da
reciclaxe
Así mesmo, o díptico incide en que a reciclaxe do aceite elimina unha fonte
de contaminación das augas, dado que un só litro deste produto pode contaminar
1.000 litros de auga.
Outro dos beneficios da reciclaxe é a posibilidade de converter este
residuo en biodiésel, “un combustible –reza o díptico- con menos emisións de
CO2”; así como a diminución da probabilidade de proliferación de organismos
prexudiciais para a saúde e a redución dos malos cheiros dos desaugues polos
que a miúdo se desbota o aceite.
A todas estas vantaxes
súmase a redución dos custos de depuración de augas e de mantemento das
infraestruturas de saneamento, dado que os aceites usados incrementan a
deterioración das tubaxes e fan máis dificultosa a depuración.
Concellos adheridos
CONCELLO
|
POBOACIÓN
|
AGOLADA (nova incorporación)
|
2.745
|
BARRO (nova incorporación)
|
3.712
|
CAMPO LAMEIRO (nova incorporación)
|
1.982
|
CAÑIZA, A (nova incorporación)
|
5.416
|
CATOIRA
|
3.421
|
CERDEDO
|
1.865
|
CRECENTE (nova
incorporación)
|
2.314
|
CUNTIS
|
4.913
|
ESTRADA, A
|
21.464
|
FORCAREI (nova incorporación)
|
3.820
|
FORNELOS DE MONTES
(nova
incorporación)
|
1.864
|
GROVE, O
|
11.096
|
GUARDA, A
|
10.438
|
ILLA DE AROUSA, A (nova incorporación)
|
5.028
|
MEIS
|
5.007
|
MORAÑA
|
4.400
|
PAZOS DE BORBÉN (nova incorporación)
|
3.113
|
POIO
|
16.767
|
PONTE CALDELAS
|
5.668
|
RIBADUMIA
|
5.168
|
ROSAL, O (nova incorporación)
|
6.531
|
SALCEDA DE CASELAS
|
8.887
|
SILLEDA
|
9.037
|
SOUTOMAIOR (nova incorporación)
|
7.302
|
VALGA
|
6.059
|
VILA DE CRUCES
|
5.934
|
VILAGARCÍA DE AROUSA
|
37.741
|
VILANOVA DE AROUSA
(nova
incorporación)
|
10.502
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario