13 de ago. de 2014

PONTEVEDRA

3.200 PERSOAS DISFRUTARÁN DE ESTANCIAS EN BALNEARIOS DA PROVINCIA NO MARCO DO PROGRAMA SAÚDE E BENESTAR DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Poderán pasar 6 días e 5 noites en pensión completa en balnearios da provincia a prezos reducidos

·        As solicitudes superan en 199 as prazas ofertadas, pero as propias bases recollen a posibilidade de ampliar o orzamento para dar cobertura a todos os demandantes
·        Os balnearios máis demandados son A Toxa, Gran Talaso de Sanxenxo e o Talaso Atlántico de Oia
·        O programa vai dirixido a persoas maiores de 50 anos ou dedicadas ao coidado de dependentes que precisen dun respiro familiar

Infogauda / Pontevedra

 Un total de 3.199 persoas solicitaron participar no programa Saúde e Benestar, co que a Deputación de Pontevedra oferta aos veciños e veciñas da provincia a oportunidade de disfrutar de 6 días e 5 noites en establecementos termais da provincia a prezos reducidos.
Son 199 persoas máis que o total de prazas ofertadas inicialmente, pero as propias bases do programa recollen a posibilidade de ampliar o orzamento para dar cobertura a todos os demandantes.
O programa vai dirixido a persoas maiores de 50 anos, xubilados, pensionistas ou persoas que precisen dun respiro familiar e ten un dobre obxectivo: por unha banda, busca fomentar o envellecemento activo e ofertar a este colectivo oportunidades de descanso e de lecer a un prezo asequible, e, pola outra, dinamizar o sector turístico, facilitando a actividade económica neste sector en temporada baixa.
Nove balnearios ofertados
As 3.200 persoas que participarán no programa poderán disfrutar de 6 días e 5 noites en pensión completa, utilizando servizos do spa ou balneario elixido e cun amplo abano de actividades de animación sociocultural. Ademais, disporán de transporte desde o concello de residencia ata o establecemento elixido.
O programa ofertaba prazas en 9 establecementos, sendo os máis demandados o Balneario Illa de A Toxa, con 488 solicitudes; o Gran Talaso de Sanxenxo, con  275 solicitudes, o Talaso Atlántico de Oia, con  272 solicitudes e o Talaso Louxo A Toxa, con  252 solicitudes.
As demais prazas distribúense entre os Spa Via Argentum de Silleda; Nanín Playa, de Sanxenxo; Norat, de  O Grove; Oca Galatea e Carlos I Silgar en Sanxenxo .

Ningún comentario:

Publicar un comentario