12 de ago. de 2014

A GUARDA

AS VOSAS IMAXES

SEMELLA QUE XA NON SE RESPECTA NADA

Fotografías: José Carlos Castro Martínez

                       

Infogauda / A Guarda


 En tres imaxes -ás que amosamos xunto a este comentario - queda perfectamente reflectido o respecto que algúns teñen polo Patrimonio Histórico-Artístico-Monumental existente no Monte Santa Trega. Sen entrar a valorar outras cuestions, xa que non e ese o noso propósito, coidamos que nin todo vale, nin tampouco todo se debe permitir. Por iso consideramos que sería oportuno coñecer a valoración que sobor deses feitos deberían facer algúns persoeiros públicos con responsabilidade nese ámeto. Referímonos o de Patrimonio, evidentemente. 

 Que alguén amarre unhas cordas a unha das estacións do artístico Vía-Crucis na víspera da romaría da Festa do Monte Santa Trega, supostamente para colocar un toldo e poder abrigarse o día do xantar enxebre,  e a día de hoxe, as cordas continúen amarradas o cruceiro, demostra moitas cousas.

  Cada un que tire súas própias conclusións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario