25 de ago. de 2014

OPINIÓN

A Galiza que Merkel ignora

XAVIER VENCE

Sra Chanceler:  

  Vén vostede e o seu nutrido séquito pasar revista de preto e marcar as liñas mestras a un Estado fallido dentro da UE. A matraca da "marca España" vai quedando reducida a unha versión metafórica e ampliada daquela histórica "Marca Hispánica" do imperio medieval de Carlomagno. Daquela, Galiza non formaba parte da Marca Hispánica e hoxe tampouco nos ofrece un marco de futuro para o noso país. 

 A Galiza que lle vai mostrar o sr Rajoy estes días posibelmente vai ter ben pouco que ver coa Galiza real.

Ningún comentario:

Publicar un comentario