O GRUPO POPULAR INTERÉSASE NO PARLAMENTO POLO PROTOCOLO DE ACTUACIÓN
ESPECÍFICA QUE DESENVOLVE A XUNTA FRONTE A AVESPA ASIÁTICA
·
Quere coñecer
as medidas dirixidas a evitar a súa propagación e reducir o impacto que poida
ter no medio ambiente e nos ataques ás abellas produtoras de mel que constitúen
un elemento esencial da súa dieta
O
voceiro de Montes do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, vén de
rexistrar unha batería de iniciativas dirixidas a coñecer máis polo miúdo o
protocolo de actuación específica que está a desenvolver a Xunta de Galicia
fronte a que se coñece como avespa velutina ou asiática.
O parlamentario popular sinala que este insecto, catalogado como especie
invasora desde a súa chegada a Europa, entorno ao ano 2004, está a propagarse
nos últimos anos por distintos puntos da xeografía galega, en especial por
zonas da Mariña lucense e das Rías Baixas.
A iniciativa popular ten por obxecto coñecer as actuacións e medidas
dirixidas a evitar a súa propagación e reducir o impacto que poida ter no medio
ambiente e nos ataques ás abellas produtoras de mel que constitúen un elemento
esencial da súa dieta
Balseiro faise eco das inquedanzas dos
apicultores cando alertan de que un grupo destas avespas pode acabar, en pouco
tempo, con gran parte dunha colmea de abellas e minguar a súa produtividade, e
interésase polas medidas específicas postas en marcha pola Xunta e dirixidas a
evitar estes efectos perniciosos.
CONTINUAR CON MEDIDAS PREVENTIVAS E INFORMATIVAS
Balseiro animou á administración a continuar a seguir promovendo todo tipo
de medidas que contribúan á información e divulgación das medidas preventivas e
defensivas para os produtores de mel e outros profesionais do sector, así como
ao reparto de trampas e outros elementos de captura e á erradicación dos niños
atopados.
O deputado popular salienta, non obstante como elemento de tranquilidade, ás
manifestacións efectuadas desde o Goberno galego cando sinalan que, desde o punto
de vista sanitario todo apunta a que pese a ser coñecidas como avespas asasinas,
non teñen efectos nocivos para a saúde pública, máis aló dos que poden provocar
as avespas comúns
Ningún comentario:
Publicar un comentario