INVASIÓN DE MALEZA
A pouca distancia do Concello, e por unha das rúas nas que tanto o Sr. Freitas, como os membros do séu equipo de ¿¿goberno municipal?? transitan a diario, podemos observar como unha vivenda propiedade dunha fundación da que forma parte o Sr. Alcalde, non só está amenazando ruina, senón que a invasión de silveiros hacia a rúa, e outras herbas, cada vez é máis significativo, sin que eles “aparentemente” se enteiren de nada.
Fotos: Grupo Municipal Converxencia Galega no Concello de A Guarda
Non é de recibo, que namentras dende o Concello se están enviando notificacións os veciños/as para que cumplindo ca Lei, procedan a manter limpos os seus matos e leiras, e logo, a veira da Casa Grande, se encontren espectáculos como éste, especialmente nún pobo do que as nosas autoridades se lles enche a boca de ser Destino Edén, Bandeira Azul, Excelencia Turística, etc, e logo presenten tarxetas como as que reflexamos nestas fotografías.
Isto a menos de 100 metros do Concello, é un fiel reflexo do estado de deixadez e abandono a que teñen sometido este pobo dende que se esgotou o proxecto e a ilusión por facer cousas para que realmente A Guarda sexa un referente turístico.
Dende Converxencia Galega, vimos a solicitar que o Concelleiro liberado de Vías e Obras, en vez de gastar gasolina e rodas, dedique un pouco de tempo máis o noso pobo, e imparta as órdenes oportunas a fin de que se proceda a eliminar esta imaxe que afea o noso pobo.
A Guarda, a 24 de xullo do 2.014
Xosé María Martínez Rodríguez
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de Vías e Obras
A Guarda


Ningún comentario:
Publicar un comentario