5 de ago. de 2014

A GUARDA

SUSPENSIÓN PROVISIONAL DAS TAXAS/PREZOS PÚBLICAS POLA INSTALACIÓN DE TERRAZAS NA VÍA PÚBLICA

O Grupo Municipal Converxencia Galega ven de presentar esa proposta no Concello de A Guarda

 Coñecedores das circunstancias que inciden no sector servizos, nomeadamente no gremio da hostalaría, o Grupo Municipal Converxencia Galega, con representación na Corporación Municipal de A Guarda, ven de presentar no rexistro de entradas do concello guardés, para seu debate e aprobación se procede, á seguinte proposta: 

  Unha vez mais, estamos contemplando como cando xa levamos a metade da tempada de verán, como o tempo non axuda nada e por outra, que a tan manida crise económica que está sofrindo o Estado Español, sigue levando por diante pequenos negocios que son o sustento de diversas unidades familiares que non dan cubertos os gastos mínimos para chegar a fin de mes.

  Consideramos que os ingresos que percibe o Concello por este epígrafe non arranxa ningún problema económico municipal, pero pode servir para que a continuidade dos negocios sexa máis levadeira para moitos veciños/as que están ollando como xa se esgotou máis da metade da tempada de verán sen que a afluencia de turistas e visitantes sexan cifras a ter en conta para mellorar a situación financieira dos seus negocios.

 Dende Converxencia Galega, consideramos que o Concello, como administración máis próxima os cidadáns, se debe facer un esforzo para axudar a paliar a grave situación económica que estamos padecendo.

  Por elo, solicitamos o Concello 

 1º.- A suspensión temporal da aplicación da Ordenanza de Terrazas no referente o cobro a ocupación de vía pública.

 2º.- Liberdade a tódolos hosteleiros e restauradores para que aproveiten o longo do ano, aquelas datas que consideran favorables para instalar as terrazas na vía pública sen ningún tipo de cobro por parte do Concello.

 En A Guarda a 24 de Xullo de 2.014

Xosé María Martínez Rodríguez 
Responsable Local de Converxencia Galega


Sr. Alcalde-Presidente 
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario