OUTRA NOVA DEMOSTRACIÓN DE DEIXADEZ, ABANDONO E MALGASTO DE CARTOS PÚBLICOS, DO EQUIPO DE GOBERNO MUNICIPAL
Caixas de libros, abertas, amoreadas xunto a arquivos definitivos de documentos municipais - Reportaxe fotográfica: Grupo Municipal Converxencia Galega / A Guarda
Xosé María Martínez Rodríguez, Responsable Local de Converxencia Galega,
EXPON:
Cando cada vez escoitamos con maior asiduidade que o noso Concello está nunha situación económica moi precaria, e logo vemos como materiais e vestimenta para o persoal municipal, suminístrase en “conta gotas”, atopamos por todas partes, mostras e exemplos da deixadez, abandono e malgasto de cartos públicos do Equipo de Goberno, que o mesmo tempo, sirven de exemplo para demostrar como se compran cousas que logo non se lles da uso, ou como un concelleiro se entromete na área de outro e se factura un material de un Departamento nos presupostos doutra actividade non vinculada.
____________________________________________________________________
As imaxes reflicten o que podemos ollar na ante-sala de acceso o Departamento de Urbanismo: Unha serie de caixas con diveros material cultural, que levan alí tiradas desde o pasado mes de abril
Na ante-sala de acceso o Departamento de Urbanismo, atopamos un destes exemplos, aparte da existencia de Carpetas-Arquivadores con expedientes desa Área, esperemos que non desaparezcan e no medio vaia algún asunto delicado, atopamos unha serie de caixas con diverso material “cultural” que leva alí tirado dende que foi remitido polo Consorcio Editorial no mes de abril, -o normal sería que se fixeran chegar as bibliotecas Municipal e Escolares como mínimo, e non telos “ciscados” de calquer maneira. ¡¡Seguramente dende que chegaron están estudiando que facer con eles!!
Na etiqueta do envío pódese apreciar á data do mesmo (21/04/2014), o destinatario (Concellaría de Deportes - Praza do Reloxio, 1 (36780) A Guarda), a atención de Javier Crespo, e o remitente (Consorio Editorial Galega, S. A. - 36800 Redondela)
Polos datos que nos facilitaron, a maioría son contos para críos/as, que nun momento de inspiración comprou o Concelleiro de Deportes, non sabemos si foi motivado por algún compromiso “persoal” pero ante isto, ¿para que queremos o Concelleiro de Cultura?? ¿A que partida irían facturados?? ¡¡Bueno, para estar tirados de calquer maneira!! ¿¿Terminarán no lixo?? ¡¡Iso xa sería outro Departamento!! Dado os comentarios existentes na rúa, esta situación pode estar provocada polo posicionamento de distintos candidatos internos e ainda que sexan moi “coleguillas” no centro educativo, ¡¡cada un defende unha postura diferente!!
Dende Converxencia Galega, queremos facerlle llegar a tódolos/as guardeses/as a “desfeita” que está sufrindo o noso Concello pola incompetencia, deixadez e “mirar para outro lado” que practica o Grupo de Goberno do Sr. Freitas, o que está provocando un retroceso en tódalas áreas e que somentes ten solución no momento de que se produzcan as eleccións de maio mandándollos para a casa. – No fondo é o que están pedido varios dos concelleiros do PSOE— xa que séu proxecto está esgotado e non se atopan con enerxías para continuar o fronte do Goberno Municipal.
A Guarda, a 24 de agosto do 2.014
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario