TRIBUNA ABERTA
PERIGO NA ALAMEDA
Anselmo Martínez Pena / A Guarda
Esta foto é preocupante. Explícome: resulta que hoxe, como moitos días, din un paseo por a Alameda e chamoume a atención o que se ve na foto. Penso, que a madeira inchou, torceu e saiuse da súa casa co correspondente perigo para a xente que pasea tranquilamente sen casi mirar ao chan e atópase que se pode ir de fuciños como nada. Iso mesmo foi o que me dixo unha muller maior que estaba sentada nun banco e cando me mirou facer a foto, veo xunta min e díxome: "Señor, que arreglen pronto iso que é un perigo, onte a miña amiga Adela, tropezou, non chegou a cair pero faltoulle moi pouco".
Señora - díxenlle -, eu non lle prometo nada, pero dígolle que esta foto a verán no Concello e logo alí tomarán as medidas que eles crean convinte.
Por suposto que non vou ir ao concello a levarlles a foto pero fágoa pública por este medio e seguro que lles chega mellor que se presento un escrito por rexistro.
A quen corresponda do Concello, aí teñen unha queixa que urxe tomar medidas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario