A ASOCIACIÓN CULTURAL DE DANZAS E GAITAS VIRXE DO ALIVIO CONMEMORA SEU XXV ANIVERSARIO
Con un festival folclórico e a I Feira de Artesanía e Arte
Asociación Cultural Escola de Danzas e Gaitas Virxe do Alivio / Tomiño
Este sábado día 26 de xullo a Asociación Cultural Escola de Danzas e Gaitas Virxe do Alivio de Tomiño vai celebrar un festival folclórico e unha feira de artesanía. Todo isto no marco do seu 25 Aniversario.
O inicio da feira será a iso das 11:00h. Contamos con algo máis de 30 artesanos, exposición de arte, gastronomía,...
Teremos para os máis cativos dous inchables durante todo o día, obradoiros, un de decoración de galletas e demostración de como traballa un torno de madeira completamente artesanal, que nos fará unhas peciñas durante todo o día. Será a cargo do artesán gaiteiro Jose Nebra.
Tamén haberá música, tanto pola mañá - ca Treboda Os da Fonte do Frade -, como pola tarde co Trebón dos Xidos e os Grupo de Gaitas Algadara, que nos amenizarán coas súas melodías.
Xa a noitiña, arredor das 21:00 h., iniciarase un pequeno desfile dos grupos participantes no festival e contaremos tamén con unha actuación sorpresa.
O remate do festival faranse varios sorteos presenciales.
Ningún comentario:
Publicar un comentario