A Praza do Seixo  e da Mina acollerán a partir deste venres, 1 de agosto, o ciclo “Cine na Rúa Tomiño”, dirixido a público infantil e familiar. A primeira das proxeccións será “Ice Age 4″ e terá lugar na Praza da Mina ás 22.00 horas.
  A seguinte, “Brave (Indimable)”, será o venres 8 de agosto, na Praza do Seixo, á mesma hora. O venres 15 de agosto, tamén ás dez da noite, proxectarase “MU University”, na Praza da Mina, ás 22.00 horas. Pechará o ciclo o filme “Lluvia de Albóndigas 2″, o venres 22 de agosto, na Praza do Seixo, tamén ás 22.00.
  A concelleira de Cultura, Cristina Martínez, explicou que o ciclo de cine está especialmente dirixido á poboación infantil pero poden asistir igualmente familias e público en xeral. A actividade ten coma fin dinamizar a vida cultural e social da vila, aproveitando espazos de lecer e esparcemento ao aire libre coma son as prazas do núcleo urbano (O Seixo e da Mina).