30 de xul. de 2014

OIA

A COMUNIDADE DE MONTES DE SANTA MARÍA DE OIA COMEZA OS TRABALLOS DE LIMPEZA DO RECINTO FORTIFICADO DO CASTRO DE CHAVELLA


     ACAMO / Oia


  Esta semana a Comunidade de Montes de Santa María de Oia, inicia os traballos de limpeza do recinto fortificado do castro de Chavella. O obxetivo que se pretende alcanzar con estes traballos, que contan co preceptivo control arqueolóxico é doble. Por unha parte van a permitir coñecer a dimensión exacta do xacemento arqueolóxico, e de outra facilitará ós visitantes interesados o acceso máis cómodo para visitar un dos lugares emblemáticos do municipio, dadas as súas espectaculares vistas panorámicas. Nesta tarea a Comunidade de Montes conta co apoio e a colaboración da Asociación Cultural Amigos do Mosteiro de Oia (ACAMO).

Ningún comentario:

Publicar un comentario