30 de xul. de 2014

PONTEVEDRA

O PLENO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA APROBARÁ O VENRES O SERVIZO DE RECOLLIDA E TRATAMENTO DE RESIDUOS AO QUE SE ADHERIRON 21 CONCELLOS



·        Na sesión, aprobaráse o convenio marco cosconcellos, o anteproxecto de explotación, o regulamento e a contratación, baixo a modalidade de concesión, da xestión do Servizo.
·        Os grupos da Corporación darán tamén o seu visto bóaoacordo para construir unha Planta de Compostaxe en Pontevedra.
  O Pleno da Deputación de Pontevedra aprobará o vindeiro venres o expediente para a xestión - por parte da Deputación e con carácter supramunicipal - do Servizo de Recollida e tratamento de residuos domésticos e asimilables así como a xestión dos puntos limpos nos concellos da provincia de Pontevedra. Namesma sesión aprobaráse tamén o acordo suscrito entre a institución provincial e o Concello de Pontevedra para a construcción dunha Planta de Compostaxe no termo municipal pontevedrés.

  O expediente para a xestión do Servizo de Recollida e Tratamento de residuos implicará aprobar o convenio marco que a Deputación suscribirá con 21 concellos con poboación inferior aos 50.000 habitantes así como dar o visto bó á aprobación do anteproxecto de explotación e estudio de viabilidade do contrato de xestióndestesservizos públicos.

  Implicará tamén aprobar o regulamento do Servizo e a súa contratación, baixo a modalidade de concesión. A contratación será por procedemento aberto e cun coste unitario de 159 euros por  tonelada, cunprezo vencellado ás tarifas.

 Na sesión plenaria ratificaráse tamén o acordo entre a Deputación e o Concello para construir unha  Planta de Compostaxe en Pontevedra que permita tratar unhas 15.000 toneladas de materia orgánica e restos vexetais.

  O Concello encargaráse de buscar os terreos precisos e de poñélos á disposición da Deputación que elaborará previamente un estudio de viabilidade que determinará, entre outras cousas, a tecnoloxía máis apropiada para a planta, a capacidade de tratamento idónea, a man de obra necesaria, as condicións de localización e ambientais e unha análise de gastos e ingresos.
 En paralelo ao citado estudio, a Deputación sacará a concurso a contratación de 1.500 composteiros para distribuir entre os cidadáns.

A Planta de Compostaxe procesará unha parte importante dos residuos da provincia co que se eliminarán gastos de transporte e se mellorarán as condicións ambientais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario