A DEPUTACIÓN CONCEDE 294.892 EUROS PARA A REFORMA, MELLORA E
HUMANIZACIÓN DA PRAZA DO SEIXO E O SEU ENTORNO EN TOMIÑO
Vista parcial da Praza do Seixo - Foto: Concello de Tomiño
A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou, na súa
sesión do pasado venres, conceder unha subvención de 294.892 euros ao Concello
de Tomiño para reformar, acondicionar e humanizar o entorno da Praza do Seixo,
en Tomiño.
Os traballos incluirán obras de pavimentado, mellora de redes de
alumeado, saneamento e obtención dun parque público na Praza do Seixo e rúas do
entorno, así como reordenación do tráfico nela.
A prevista renovará os pavimentos e as instalaciónsurbáns
existentes, potenciará o comercio da praza de abastos e a feira dos mércores,
posibilitará novas posibilidades de negocio e mellorará a calidade ambiental da
praza.
En total, será urbanizada, mellorada e humanizada unha
superficie total de 4.594 metros cadrados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario