2 de xul. de 2014

SANTIAGO DE COMPOSTELA

MARK MANDERS
 Curculio bassos



O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, D. Xesús Vázquez Abad, ten o pracer de convidar a vostede á inauguración da exposición que terá lugar no CGAC o vindeiro venres, 4 de xullo de 2014, ás 20 h.


Comisario: Javier Hontoria

Mark Manders (Volkel, Países Baixos, 1968) é, fundamentalmente, escultor, e a súa obra ten un forte compoñente poético. Todo parte do seu xa lendario Self-Portrait as a Building, un traballo realizado en 1986,cando o artista tan só tiña 18 anos, o momento en que comprendeu que tiña “unha certa afinidade coa linguaxe das artes visuais”. Toda a súa obra posterior é unha variación incesante e aberta deste primeiro traballo, co que trata de entender algo aparentemente sinxelo pero asemade profundamente complexo: que o mundo está poboado por seres humanos e que estes seres humanos crean obxectos que os acompañan no seu devir vital. Partindo desta premisa, Manders creou un insólito universo formal que en ningún caso obvia esa fonte indispensable que é a poesía e, nun sentido máis amplo, a escritura; pero unha que non utiliza palabras, ou non sempre, senón obxectos, formas.

CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA 
Ramón del Valle Inclán 2, 
15703 Santiago de Compostela 
cgac@xunta.es / www.cgac.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario