JUAN USLÉ
Luz escura
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, D. Xesús Vázquez Abad,ten o pracer de convidar a vostede á inauguración da exposición que terá lugar no CGAC o vindeiro venres, 4 de xullo de 2014, ás 20 h.
Comisario: Stephan Berg
Desde 1997 Juan Uslé (Santander, 1954) non deixou de traballar nunha serie de cadros que se coñecen como as súas pinturas negras e que ocupan un lugar central no conxunto da súa obra. Nas cincuenta obras da serie Soñé que revelabas, a maioría executadas de noite, Uslé leva a cabo unha disquisición atenta e reflexiva sobre as condicións estruturais da pintura e do proceso de pintar. Cada pincelada está cargada de significado en dous sentidos diferentes: por unha banda, representa o xesto pictórico e encádrase na tradición de reflexión metapictórica da pintura abstracta e, pola outra, pode ser considerada unha expresión do pulso do pintor, que transforma as obras en manifestacións da conexión directa e sensual do corpo do artista cos seus cadros.
CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA
Ramón del Valle Inclán 2,
15703 Santiago de Compostela
cgac@xunta.es / www.cgac.org

Ningún comentario:
Publicar un comentario